InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: As aldeas despois de todo...

Así viviamos hai un ano a pandemia: As aldeas despois de todo isto

"Cando esta pandemia remate, as aldeas galegas van volver repoboarse". A min cústame caro crelo. Os que fuxiron das cidades van volver para acolá, para as súas casas en Lugo, na Coruña ou en Madrid. Aquí, hai outros virus que xa nos comían antes: a falta de servizos, as políticas furadas de apoio ao rural...

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

Diario de Corentena do 17 de abril do 2020:

O último piso no que vivín en Compostela era minúsculo. Un piso de estudantes con pouca luz, pouco espazo e cun diminuto anaco de ceo visible dende a ventá. Gárdolle agarimo a aquela casa, pero por nada do mundo me querería ver alí durante esta corentena. Hai paredes que pechan máis ca outras. 

As cidades e edificios que parecen pensados para as necesidades do traballo, en vez de para as da vida, vólvense agora máis inhumanos se cabe. As desigualdades en torno á vivenda, dereito fundamental, incrementan a vulnerabilidade e imposibilidade dos de sempre: “Non é o mesmo vivir este momento de incerteza económica e laboral nunha casa en propiedade sen pagos pendentes que nun piso en alugueiro ou cunha hipoteca por amortizar”, en palabras de Iago Lestegás, arquitecto e doutor en Urbanismo.

A FALTA DE SERVIZOS, O VIRUS DO RURAL

Eu, mentres escribo isto, teño a fiestra do cuarto aberta. Escoito piar os paxariños, vexo a aldea toda, case podo traspasar esas paredes. E recoñézome afortunada“Cando esta pandemia remate, as aldeas galegas van volver repoboarse”, dicía estoutro día nunha entrevista ao Lugo Xornal a neurocientífica Sonia Villapol (Bretoña – A Pastoriza). A min cústame caro crelo.

A memoria ás veces funciona a curto prazo e dubido que as nosas mentes  reteñan as bondades do rural máis alá desta pandemia que paraliza as urbes. Os que fuxiron das cidades van volver para acolá, para as súas casas en Lugo, na Coruña ou en Madrid. E quedarán os que xa estaban. Serán eles e elas, e non moitos máis, as que desfruten da calma da natureza, de andar polo monte, de comer produtos directos da terra.

Pero é que tamén van ser eles, os veciños desas aldeas, os que teñan que aturar a falta de servizos, a deficiencia de conexións e comunicacións, as políticas furadas de apoio ao rural. Por moita pandemia que veña, hai virus que xa nos comían antes. As aldeas galas —mirade como as retrata a compañeira Uxía Iglesias nun proxecto precioso!— non sei canto van resistir. Quen vai quedar aquí, nesta aldea, dentro de vinte anos?  Quen son os que miran dela?

ÚLTIMAS

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...

Raquel Arias: “É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman a Unidade de Atención Temperá para Monforte”

Segundo os populares, Monforte é o único municipio da comarca sen este servizo, provocando...