InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Que bos tempos aqueles!

Así viviamos hai un ano a pandemia: Que bos tempos aqueles!

O confinamento lémbrame moito a un deses domingos de inverno nos que te abandonas na casa desatendendo calquera tentación de acción produtiva para centrar a túa mente en cousas do pasado.

Publicado o

POR
X.M.F.
- Advertisement -

Diario de Corentena do 19 de abril do 2020:

“Calquera tempo pasado foi mellor” ou “o pasado, písalo”? Supoño que ningunha destas frases feitas ten porque ser dogma de fé, e dependendo do momento e/ou das circunstancias persoais de cada un, tenderemos a escoller entre unha ou outra.PUBLICIDADE

Estes días faime moita graza cando os meus pequenos, de 4 e 7 anos, din en modo retranca -alédame que a teñan xa incorporada- e referíndose a antes da corentena: “que bos tempos aqueles!”. Semella que arromeden aos vellos para referirse á época pre-corentena, hai 37 días, como se tivesen transcorrido anos e anos… Ou será que se lles está convertendo nunha eternidade? Seguramente.

“A CORENTENA, NON SEI A VÓS?, ESTAME LEVANDO AO PASADO”

Referíame ao comezo deste artigo que a corentena, non sei a vós?, estame levando ao pasado. En momentos nos que desconecto da realidade informativa, e do presente vivencial entre catro paredes, dáme por ordenar cousas, revisar caixóns e facer inventario do “meu Dióxenes”. Neste entretemento tan particular estou facendo arqueoloxía emocional, cada obxecto atopado lévame a unha emoción, a experiencias vividas no pasado con gran satisfacción. A nostalxia remove conciencias, toca a fibra e incluso é un negocio, mirade se non para os creadores do fenómeno “Yo fuí a EGB”.

Que bos tempos aqueles!. Sen entrar no tema fotos, tan socorridas estes días para vernos de nenos, de mozos ou ver amigos e familia con aquelas pintas “ochenteras” ou en fotos en branco e negro, hai moitas máis cousas que nos poñen en modo “rewind”.

Entre a chea de cousas vellas que atopei: fotos, libros, cómics, casettes, dvds, cds, cromos, chaveiros, chapas, pins, postais, entradas, carpetas da universidade, libretas con anotacións… reservo para este artigo catro trangalladas coas que creo que igual se identifica xente da miña xeración e destas comarcas.

Sempre tiven afección aos cómics e dende pequeno fun moito de tragar televisión, moitos debuxos animados e moitas series. Pois ben, estes días atopei -agachado nun estante- un cómic do mítico Mazinguer Z, e nunha carpeta moi vella, adhesivos que viñan coa revista favorita de miña nai naquela época, a Tele Indiscreta. Entre os adhesivos había uns de “V”, mira que eran desagradables aqueles visitantes pero aínda nos daban menos medo que o actual coronavirus.

Cómic de Mazinguer Z
Autocolante de Diana da serie “V”
A Nave Nodriza e Tyler, da Resistencia

Outro achado interesante ten que ver co debuxo e co fútbol. Sempre fun do Barça e simpaticei -máis agora que antes- co Deportivo da Coruña, e estes días apareceron nunhas caixas uns cromos de dous xogadores que me marcaron en diferentes épocas, Maradona e Koeman, e un debuxo daquel Súperdepor que gañou a liga 1999-2000.

Cromo de Maradona cando xogaba no F.C Barcelona
Koeman cando xogaba no F.C. Barcelona
Superdepor, tempada 1999/2000. Ilustración: Xosé Manuel

E nesta particular rebusca cheguei a eses obxectos que che lembran as noites de marcha. Para non dar moito a brasa quedo cunhas reliquias da noite quiroguesa, trivesa e monfortina, daqueles anos dourados nos que se saía como se non houbese un mañá, había xente en todos os locais, non había medo ningún ao roce nin a que che tusiran na cara e se quedabas quedabas, non había whatsapp para cambiar de plan e poñer escusas. Aquí podedes ver unha entrada da Discoteca Paneque da Pobra de Trives, creo que do 1995, pegatinas das discotecas Orinoco, La Clave e N-120 de Quiroga -grandes noites, Dior Mío-, e dúas caixas de mixtos das discotecas Deima e Camel’s de Monforte. Neste apartado hai algunha doazón, detalles dos DJs Míchel e Rafa.

Vale desconto para discoteca Orinoco de Quiroga
Adhesivo da Discoteca N-120
Entrada para a Discoteca Paneque de Trives
Mistos da Deima e da Camel’s

O QUE ESTEA LIBRE DE PECADO QUE TIRE A PRIMEIRA “FRIKALLADA”

Teño moitas máis “perlas” destas e seguro que moitos e moitas de vós tamén, ou acaso non? O que estea libre de pecado que tire a primeira “frikallada” (je, je, je).

E neste retorno ao pasado, non sei se mellor ou peor, paso o tempo, boto unhas risas e desconecto do presente e do incerto futuro que nos espera.

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...