InicioOpiniónOpinión: "A Inquisición volveu. Viva a Inquisición!"

Opinión: “A Inquisición volveu. Viva a Inquisición!”

Non importa que vaian saíndo á luz pública casos de mandatarios subornados polas farmacéuticas, fano por conseguir con máis rapidez os medicamentos. Seica alguén o dubida? O feito de ser o país europeo cos políticos máis corruptos non quere dicir que non velen pola nosa saúde. Non vedes que nos proporcionan a inoculación contra o virus de moda completamente gratis?

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares
- Advertisement -

Grazas a deus os nosos gobernantes por fin decidiron facer algo para terminar coa libertinaxe que nas últimas décadas estaba a condenar ao ostracismo a aqueles ensinos que durante séculos inculcáronnos desde o nacemento e que facían de nós boas persoas, compasivas co próximo, entregadas en corpo e alma ao servizo aos demais, deixando de lado o egoísmo de pensar en nós, para redimirnos do pecado orixinal co que todos nacemos.

Por fin os herexes negacionistas e conspiranoicos son sinalados e demonizados para exemplo e escarnio daqueles que ousan atreverse a dicir algo diferente do dogma oficial.

No século XXI somos máis civilizados e non os queimamos nunha fogueira en espectáculo público. Agora “queimámolos” doutra maneira, tamén en público. Diso encárganse os fieis vixiantes ao servizo do dogma, xa sexa en TVs, radios e redes sociais. Son os primeiros que tiran a pedra, despois encárgase a poboación, convenientemente manexada por eses mesmos medios, de lapidalos.

Non hai nada que cuestionar!

Como se poden cuestionar as teses oficiais? Seica ser doutorado en bioloxía ou calquera outra rama da medicina dá dereito a expoñer un pensamento diferente ao oficial? Os gobernantes velan pola saúde de nós, os gobernados. Desvívense por mellorar o sistema sanitario. Non importa que vaian saíndo á luz pública casos de mandatarios subornados polas farmacéuticas, fano por conseguir con máis rapidez os medicamentos. Seica alguén o dubida? O feito de ser o país europeo cos políticos máis corruptos non quere dicir que non velen pola nosa saúde. Non vedes que nos proporcionan a inoculación contra o virus de moda completamente gratis?

NIeves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Ademais, se en todas as canles de TV están de acordo e falan do mesmo sen cuestionalo será porque hai unha certeza esmagadora. Por iso non ven debates entre os defensores do dogma oficial e os que o cuestionan, non hai nada que cuestionar! Como algúns médicos poden expor dúbidas respecto diso do dogma oficial? Que saberán eles que non saiban os interlocutores da TV? O feito de que a maioría dos médicos que aparecen nos faladoiros defendendo as teses oficiais teñan conflito de intereses, só indica o seu interese pola saúde pública.

Non importa que o uso continuado da máscara reduza o nivel de osíxeno no noso organismo acidificando o sangue e permitindo que prosperen virus e bacterias. Hai que sacrificarse polos demais. Xa non é obrigatoria na vía pública, pero collémoslle agarimo e seguímola utilizando. En certa maneira permítenos o anonimato, podemos sorrir e mesmo sacar a lingua sen que nos vexan.

Quédate na casa, non sexa que a luz solar te dane xerando no teu corpo vitamina D e mellores o teu sistema inmune. En casa tes todo o que necesitas, o entretemento está asegurado coas múltiples canles de TV, o goberno sábeo, por iso dálles diñeiro público, para que nos manteñan distraídos á vez que nos van fixando o dogma na nosa mente.

Persoas levan máscaras por temor ao coronavirus | Fonte: americatv.com

Non fagas deporte non vaia a ser que o teu corpo osixénese e mellore o teu sistema inmunitario, e se se che ocorre facelo non deixes de levar a máscara posta, non sexa que tomes unha sobredose de osíxeno. Non fagas unha alimentación sa, para que vas prescindir dos alimentos procesados e adulterados que che dan pracer? Alimentos súper edulcorados, coloreados, que atrápante pola vista. E ademais son máis baratos que a comida sa e xa están preparados, así tes máis tempo para embobarte coa TV.

A Inquisición axexa

Non abraces, non biques, non vaia a ser que o sentimento de felicidade que che xera fágache cuestionar as directrices do dogma oficial. Durante séculos era pecado e a ameaza do castigo converteuno en clandestino. Agora convencéronnos de que o castigo estaba no propio acto. Nestes momentos de crise sanitaria onde podemos morrer por un virus mortal, a inoculación é a única opción, a máis solidaria para cos demais. Ese é noso deber nestes momentos críticos: inocularnos para protexer aos demais. Acode presto á chamada do inoculador. O goberno comprou millóns de doses, aproveita, son gratis. Non importa que sexa unha medicación experimental, por certo, o maior experimento xamais realizado a nivel planetario, así que podemos, e debemos, estar orgullosos de participar nel.

Cativa protexida cunha máscara contra a Covid-19 | Fonte: www.vperemen.com, Licencia CC-BY-SA.

Ademais se padecemos efectos secundarios non reclamaremos nin ao goberno nin ao fabricante do medicamento (tampouco poderiamos), asumiremos a nosa responsabilidade coa cabeza ben alta porque nos permitiron participar “voluntariamente” no experimento. E os nenos, eses seres que apenas enferman? Parafraseando a Kahlil Gibran “os teus fillos non son teus….son do Estado”. Así que entrégaos tamén ao experimento. Non importa que sexan os menos afectados polo virus, nin que o seu sistema inmune aínda non estea debilitado por unha mente embotada de condicionamentos como a dos adultos. Todo sexa en nome da ciencia farmacéutica.

Non se che ocorra indagar na información que todos temos ao noso alcance e descubras que hai científicos que cuestionan as teses oficiais con argumentos de peso desde a súa propia experiencia, non vaia a ser que te deas conta do engano ao que nos están sometendo. Así que non penses, só traballa, come e embóbate diante do TV. Non sexa que os teus familiares, amigos e veciños empecen a sinalarte co dedo…e coa lingua. A INQUISICIÓN axexa.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...