InicioOpiniónUnha "pensada" sobre a Ribeira Sacra do Miño

Unha “pensada” sobre a Ribeira Sacra do Miño

Ante a vindeira solicitude de catalogación como Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra, paréceme axeitado adicarlle un tempo ao carreiro que debemos coller para que ese merecido recoñecemento sexa beneficioso e compartido por todos os axentes implicados. Sobre todo, os propietarios de terreos e as empresas e servizos de todo tipo.

Publicado o

POR
JL Cortiñas
- Advertisement -

Nesta ocasión, gustaríame centrarme na ribeira do Miño pois, aínda que a solicitude é conxunta e iso é positivo, as diferenzas nas concas dos tres ríos son evidentes. E esas diferenzas tamén engaden valor. Unha delas é a paisaxe en tanto que suma de botánica máis ocupación e usos do espazo. Por iso, sería o mellor que se implementasen plans de desenvolvemento propios para cada unha como garantía de éxito.

A ribeira do Miño, frondosa e ocupada polo home dende o nivel do río ata o pico das ladeiras, é de clima máis atlántico e caracterizada polo policultivo. Así, presenta unha serie de inquedanzas e dúbidas que cómpre salientar:

Cal será a prioridade, a terra ou as aldeas?

Imos propoñer un territorio produtivo ou ocupado? Cal será a prioridade, a terra ou as aldeas? O reparto da terra vai ser un activo ou imos cara un modelo como o do Douro Portugués? A aposta vai ser polo monocultivo da videira ou máis ben a tendencia do pasado de especialización de cada parcela de chan? A prioridade dos investimentos será para infraestruturas destinadas a dar servizo os turistas ou para dotación de servizos aos (poucos) habitantes que quedan nas aldeas?

Xa hai meses que os responsables das diferentes administracións deberan ter, como mínimo, pensadas as respostas a estas e outras preguntas sobre un asunto de tanta relevancia nos vindeiros anos. Porque unha planificación axeitada debe valorar estes aspectos para que a anhelada catalogación como Patrimonio da Humanidade sexa máis asequible e, sobre todo, para que os recursos públicos xeneren riqueza e futuro para o pobo e a terra. E tamén para que sexa asumida e compartida por todos os actores implicados dun ou outro xeito no proceso.

A capacidade de produción destas terras, a fermosura da súa contorna e a súa riqueza en biodiversidade ben merecen que as cousas que as atinguen sexan obxecto dunha PENSADA antes de tomar calquera decisión que logo poida ter as peores consecuencias.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...