InicioOpiniónDo cambio climático ao "Puerto de Vigo"

Do cambio climático ao “Puerto de Vigo”

A treboada que caeu en San Fiz en xuño ou a perda da colleita de castañas no sur de Ourense son outros exemplos de que o clima está a cambiar e que só hai dous camiños. Ou frear o cambio ou adaptarse a el. Pero adaptarse ao imprevisible é sempre moi difícil.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Nas pasadas semanas, tivo lugar en Glasgow e nalgunha outra localización a COP26 que, aínda que ten nome de virus, foi a denominación técnica do coñecido como Cumio do Clima. Diferentes presidentes de goberno, primeiros ministros e xefes de estado mantiveron xuntanzas maratonianas e mesmo, a cara de can nalgúns momentos, para obter o resultado que soe ser habitual neste tipo de eventos: diagnosticar o evidente e comprometerse a nada. Se cadra foi boa idea poñerlle nome de virus…

Nesas mesmas semanas desatouse a crise da escaseza. De súpeto comezou a faltar de todo. Dende licor para os cubatas a microchips para fabricar coches ou ad blue para que anden os camións. A inflación acumulada está nun 5,4%. E, de aí, para arriba. Porque esta xa sexta onda, vai volver paralizar a economía e, polo tanto, a produción de compoñentes industriais e incluso materias primas de todo tipo. Ben o saben os nosos produtores de viño na Ribeira Sacra, que cada vez teñen máis caro o vidro das botellas, as cápsulas e ata os corchos.

As inundacións do Canadá e os sucesivos veranillos que levamos no que vai de outono son xa a enésima proba de que o clima cambiou e que detrás dese cambio está a man do home. Se se tivera actuado aló polo 2001 cando Al Gore xa nos alertaba do que ía pasar, agora non teriamos que ver a cara iracunda de Greta Thunberg nas noticias, nin escoitar as súas soflamas. Tarde piamos.

Greta Thunberg / wikipedia

A comezos de abril de 2020, logo dun mes de confinamento, diferentes e numerosas voces dende a política, o sector financieiro ou os axentes sociais advertían da necesidade de reindustrializar Europa en xeral e, España en particular, para non volvernos ver na necesidade de importar dende máscaras ata xeringas e para que a economía estivese baseada nalgo máis que o turismo. E tamén se falou de investir en investigación científica para, por exemplo, non pasar a vergoña de que a vacina española estea dispoñible pouco antes que a desenvolvida en Bután ou Botswana. Ben…pois aí están Alcoa, Vestas ou Airbus para demostrar a vontade que había de reindustrializar. Do desenvolvemento de fármacos de patente española para combater a COVID, xa nin falamos.

A treboada que caeu en San Fiz en xuño ou a perda da colleita de castañas no sur de Ourense son outros exemplos de que o clima está a cambiar e que só hai dous camiños. Ou frear o cambio ou adaptarse a el. Pero adaptarse ao imprevisible é sempre moi difícil.

China e o non compromiso coa vida humana e a natureza

Temos, pois, unha situación de pandemia que agoira un inverno de urxencia sanitaria. E un cambio climático que se manifesta con cada vez máis virulencia. E un desmantelamento imparable do tecido industrial. Seguro que co Nadal, coma sempre, facemos propósito de emenda….propósito que se esquecerá a 15 de xaneiro.

Cando os teóricos líderes mundiais falan de cambio climático, de industrialización ou de pandemia adoitan esquecer unha palabra. Ou se cadra non a esquecen pero non se atreven a pronunciala: China. Cando a man de obra é escrava, non hai un pobo ao que rendirlle contas, non hai ningún compromiso coa natureza, a única meta é a redución de custos e a vida humana carece de valor, todo é máis sinxelo. Especialmente se se conta co silencio cómplice de quen debera erguer a voz.

Universidad Sergio Arboleda

Calquera presunto empresario chino podería – co respaldo do seu goberno- mercar nunha mañá toda a superficie agraria útil da Ribeira Sacra, todo o gando e incluso o parador de Monforte. Peor aínda, ata o 6, La casa de los bocadillos. Se seguimos santificando e loubando o crecemento infinito da conta de resultados no canto de tomar medidas, acabaremos volvendo cantar o de “Puerto de Vigo, es tu brisa la caricia que despide al emigrante.” 

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...