InicioOpiniónOPINIÓN: Reflexións dun teleadicto frustrado

OPINIÓN: Reflexións dun teleadicto frustrado

O caso é que xa empezaba a intrigarme o de seguir levando a máscara a pesar de estar inoculado. Claro, a pregunta que algúns nos faciamos era "se estou vacinado estou protexido non?" Pois segundo os "expertos" da tele non, os vacinados tiñamos que seguir mantendo as mesmas medidas de seguridade.

Publicado o

POR
Paciente anónimo
- Advertisement -

Case dous anos tapando a boca con algo que non serve para o que nos dixeron que servía. Seica a intención era outra?

Maioritariamente, e así debería de ser, tendemos a confiar nos dirixentes políticos e nas persoas que falan na TV, se saen aí será porque saben do que falan. É máis, polo xeral o que non sae na tele non existe. Así que o noso nivel de adoración ao que a miña sabia nai chamaba “a caixa parva” impídenos cuestionar todo canto nela aparece. De maneira que cando alguén, sen importar que fose médico ou investigador científico, dicía que as máscaras non tiñan capacidade para impedir o paso do virus, por unha cuestión de tamaño, enseguida tachabámolo de negacionista.

Se na tele dicíannos acotío que a máscara impedía o paso dos virus que “voaban” en gotículas de saliva, como se atrevía alguén a dicir que non era así?

De maneira que seguindo os ditados dos “expertos” que saían na tele, utilizabamos as máscaras mesmo conducindo en solitario o coche. E menos mal que pronto fixeron obrigatorio o seu uso tamén en exteriores, así quedabamos máis protexidos dos poucos ousados que se atrevían a non utizalas. Aínda que aí non acabo de entender que se nos explicaron, por activa e por pasiva, que nos tiñamos que poñer a máscara para protexer aos demais, aínda non tendo síntomas de nada, por que demonizábamos aos que non a levaban, se ao final de contas a máscara tamén nos protexía a nós?

Cativa protexida cunha máscara contra a Covid-19 | Fonte: www.vperemen.com, Licencia CC-BY-SA.

Tamén apareceron algúns ousados, na tele non, por iso o de ousados, dicindo que as máscaras reducían a achega de osíxeno e que provocaban hipoxia. Por suposto que o dirían sen ter coñecemento, outros negacionistas. Aínda que agora que o penso pode ser que tivese algo que ver con desfalecementos de nenos na clase de ximnasia.

Se estou vacindo estou protexido, non?

O caso é que mentres tanto, os “expertos” da tele poñíannos ao día das novidades da plandemia sen poñerse a máscara, alegaban a altura dos estudios de televisión. Claro, saes á rúa e miras para arriba e non entendes ben o das alturas.

E cando te cruzabas con alguén pola rúa sen máscara? Que xente máis insolidaria, deberían de levalos presos!

E pensar que algúns a levabamos posta tamén en casa….

O caso é que xa empezaba a intrigarme o de seguir levando a máscara a pesar de estar inoculado. Claro, a pregunta que algúns nos faciamos era “se estou vacinado estou protexido non?” Pois segundo os “expertos” da tele non, os vacinados tiñamos que seguir mantendo as mesmas medidas de seguridade.

NIeves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

E despois de 3 doses, o mesmo. Por certo, díxoo Luc Montagnier antes de morrer “os que recibisen a terceira dose que se fagan a proba do VIH” Non me atrevo. Se alguén lla fixo que me diga o resultado.

Ao parecer necesitan unha certa cantidade de grafeno no noso corpo, eles saberán para que

Entón decátome de que nos inocularon grafeno, eles saberán para que. E parece que o do grafeno está demostrado e recoñecido. E hai pouco decátome de que nos nosos pulmóns hai unha encima, a “mieloperoxidasa” que degrada o grafeno. Aí é onde empezo a encaixar as pezas do quebracabezas, por iso dicían que había que poñer dose de reforzo. Ao parecer necesitan unha certa cantidade de grafeno no noso corpo, eles saberán para que, por iso a degradación xerada pola encima mieloperoxidasa obrígalles a poñer dose cada certo tempo.

Ah que teñen que ver aquí as máscaras? Pois que a menor osixenación menor xeración da encima mieloperoxidasa. Interesante. Obrígannos a poñer algo que non impide o contaxio, os pediatras tamén o recoñecen, pero que si reduce a produción da encima humana que degrada o grafeno.

Así que descubrín que o glutatión estimula a produción da encima mieloperoxidasa. Consultado o médico recoméndame tomar N- acetilcisteina. Parece que é un precursor do glutatión. Pois ale, os que nos deixamos inocular grafeno a tomar N- acetilcisteina. Todo sexa pola saúde.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...