InicioOpiniónQue facemos os homes o 8 de marzo?

Que facemos os homes o 8 de marzo?

Artigo sobre o 8 M de C. Rodríguez Díaz (Seudónimo)

Publicado o

POR
C. Rodríguez Díaz
- Advertisement -

“Me estremecieron mujeres

que la historia anotó entre laureles

y otras desconocidas gigantes

que no hay libro que las aguante.”

Silvio Rodríguez

O día 8 de marzo veremos moita xente situarse do lado da inxustiza, discutindo a necesidade da folga do 8M ou os actos diversos que se convoquen. Moita desa xente, probablemente, se lle preguntamos, non recoñecerá que está do lado da discriminación, cren estar do lado da igualdade, pero o certo é que:

O informe “Brecha salarial y techo de cristal”, elaborado por GESTHA, indica que as mulleres cobran, no noso país, un 28,7% menos que os homes.

Cantas das persoas que están en contra do feminismo estarían dispostas, sen dicir nada, a cobrar 713€ mentres a persoa que se senta ao lado, por facer o mesmo, cobra 1.000 euros?

O 53,2% das persoas que exercen de maxistrados e xuíces en activo no Reino de España son mulleres, sen embargo, non hai ningunha na cúpula xudicial. Proben a mirar a foto da apertura do ano xudicial, todos son homes.

Cantos homes dos que están a ler este texto comparten as tarefas domésticas? Quen lles fai eses labores?

Ás mulleres sóbranlles razóns para esixiren un cambio real, máis aló dos pasos formais, importantes pero insuficientes, que se levan dado. Teñen dereito a non seguir herdando a inxustiza que padeceron as mulleres que as precederon.

E os homes temos a obriga de pensar nisto, de cuestionármonos os privilexios que temos herdado polo mero feito de nacer varóns.

Si, xa sei, a vostede ninguén lle regalou nada, tivo que demostrar a súa valía, ten moito mérito, ninguén llo nega, traballou moito para chegar onde chegou, ninguén llo discute; só que as mulleres tamén: o mesmo, pero desde unha posición desigual; o mesmo, pero tendo que facer o da casa ao saír; o mesmo, pero estando pendente da crianza da prole; o mesmo, pero hai que atender ao sogro, á nai –que xa non se valen-; o mesmo, pero cobrando un 28,7% menos por facer o mesmo traballo; o mesmo, pero levando o mundo á cabeza como ben retratou Maside.

Pense en todo isto cando vexa a convocatoria dos actos que fan as mulleres e elixa se se pon do lado do que é xusto ou da inxustiza. Escolla se quere contribuír a facer un mundo mellor ou se colabora con quen pretende perpetuar a desigualdade.

Eu quero formar parte desa nova xeración de homes que, facendo propias as palabras de Lois Pereiro, estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, que non nos permitimos a indiferente neutralidade falsa e que xa non imos ser cómplices do que nos indigna ou nos avergoña. Nada é inmutable. De nós depende, tamén, que mude.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...