Esperta Monforte! Presentación ‘de cine’

Esta formación política, que se autodenomina 'partido municipalista independente", presenta candidatura este venres nos Multicines Hollywood de Monforte para concorrer ás eleccións municipais.

Foto de grupo / Esperta Monforte!

Curioso lugar o escollido por este partido político para presentarse á cidadanía de cara ás vindeiras eleccións. Sexa como sexa xa deron que falar.

Multicines Hollywood é un espazo con varias salas onde aínda se pode gozar do cinema en Monforte. Puntualmente ten acollido presentacións, pero sempre relacionadas con algunha proxección audiovisual. Pois ben, por aí van os tiros. Durante o acto de presentación da formación política, ás 20:30 do venres 10 de maio, procederase a proxectar a composición audiovisual “O Monforte que queremos”. O video pretende amosar a cidade na que se converteu Monforte e os cambios que dende Esperta Monforte! queren para todas as veciñas e veciños.

Ademais, durante o acto, presentaranse todos e cada un dos integrantes da lista que está composta por persoas formadas en diferentes eidos, con moita experiencia e moitos coñecementos que aportar.

Como comentamos, o lugar escollido para presentarse xa deu que falar na cidade monfortina pero tamén deu pé a comentarios a foto de grupo porque varios dos compoñentes da lista figuran “incorporados con photoshop”… Cousas que pasan estes días de présas nas que resulta tan difícil coincidir.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here