InicioPolíticaO PP de Monforte presenta “Contigo por un Monforte mellor”

O PP de Monforte presenta “Contigo por un Monforte mellor”

A candidata popular, Katherinie Varela, defende que desenvolverán unha política baseada en facer de Monforte de Lemos “un mellor lugar para vivir e conseguir recuperar o esplendor do pasado”.

Publicado o

- Advertisement -

O programa electoral do PP recolle máis de medio centro de propostas, que se asentan en cinco piares fundamentais. Para desenvolver a economía e a demografía da cidade, os populares comprométense a liderar un Goberno local que aplique descontos fiscais; a crear un viveiro de empresas; a aumentar os medios de transporte para estudantes; así como a potenciar a existencia de Consellos Reguladores para impulsar o produto local, a facilitar o desenvolvemento e innovación do medio rural a través de axudas e a impulsar o Porto Seco.

Co obxectivo de apoiar e impulsar o comercio local, os populares defenden a necesidade de aplicar medidas como son o desbloqueo de rúas de importancia para a mellora da circulación do tráfico, a creación de dous aparcamentos, promover o comercio local e evitar a proliferación de baixos baleiros e firmar acordos de colaboración para a organización de eventos que o melloren.

Para a mellora dos servizos públicos esenciais, consideran fundamental revisar o sistema de recollida de lixo e a rede de saneamento e abastecemento de auga. Apostan por implicarse na mellora das instalacións deportivas e ofrecer axudas para potenciar as federacións deportivas e o deporte base. No ámbito das infraestruturas refiren a culminación dos enlaces do Porto Seco coa N-120 e o corredor a Lugo; a mellorar as comunicacións do polígono industrial coa cidade e a N-120 e a rehabilitar barrios e parroquias con deterioro urbano e a rúa Cardenal.

Presentación programa do PP na rúa

Incrementar o número de garderías, creación dunha residencia para persoas da terceira idade de xestión municipal; a creación dun departamento para promover a integración das persoas con discapacidade e necesidades especiais e a mellora de servizos sociais para persoas maiores e persoas con discapacidade guiarán a pretensión do Goberno local de fortalecer as políticas sociais.

O quinto piar fundamental do programa electoral centrarase no turismo e a cultura con propostas como son fortalecer o Camiño de Inverno coa dotación dun local e dun albergue ou aumentar a conexión da cidade coa Ribeira Sacra. Firmar convenios de colaboración cos Consellos Reguladores para a organización de eventos de interese turístico e cultural; a organización de festivais musicais con artistas de alto nivel e feiras gastronómicas e potenciar as festas do Entroido e crear o Entroido de Verán.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...