Esperta Monforte no Día das Letras Galegas

EspertaMonforte! asegura ser un partido comprometido tanto con Galicia como co galego. Hoxe acompañaron á plataforma Queremos Galego na concentración da Praza de España da cidade do Cabe.

Foto de grupo / Esperta Monforte!

Segundo Esperta Monforte, o Día das Letras Galegas non é un día calquera. “É o día da nosa lingua. Unha lingua pola que debemos de pelexar todos xuntos porque Galicia sen o galego queda orfa.”

Esperta Monforte sinala que a situación do galego é critica, pero pódese cambiar se se lle recoñece o seu dereito a ser unha lingua visible, audible e practicable. Segundo a Plataforma Queremos Galego, preto do 23% da poboación de entre 4 e 15 non saben falar galego e iso, segundo Esperta, non se pode consentir.

Neste abandono da lingua responsabilizan tamén ao goberno galego por actuar de xeito contrario á súa propagación en ámbitos como a sanidade, educación, xustiza e medios de comunicación. “Sen lingua, non hai desenvolvemento social nin económico. Pero a situación da nosa lingua, co apoio de todos pode e debe de mudar para ter o esplendor que lle compete.”, conclúe Esperta.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here