Coa finalidade de evidenciar a necesidade doutro modelo de transporte público que contribúa a favorecer a mobilidade e combater o cambio climático, Lídia Senra realizou esta mañá en tren o traxecto Monforte de Lemos-Sarria.
A candidata de En Marea-Compromiso por Europa defendeu así unha alternativa ao transporte en vehículos privados, polo que esixiu un plan que “reduza drasticamente” os coches da estrada e permita outro tipo de desprazamentos. Máis información no xornal Galicia Confidencial.