Resultados electorais do sur da provincia

O PSOE faise coa maioría absoluta en Monforte e en Sarria gaña Camiña Sarria, do exalcalde socialista Claudio Garrido. Cos resultados por partidos xudiciais, na Deputación o PP tería 12 deputados, 10 o PSOE e 3 o BNG.

María Dolores García Díaz, de 105 anos, votou esn Sober. Foto: Prensa Sober

O Concello da Chantada mantén como alcalde tralas municipais a Manuel Lorenzo Varela, se ben agora co PP que pasa a ter 7 concelleiros, os mesmos que obtivo INTA no 2015. O PP pasa dos 2 concelleiros que tiña no 2015 a 7. Neste municipio o PSOE pasa de 3 a 4 e os municipalistas obteñen 2 concelleiros. Nesta comarca, o Concello de Taboada segue co PP a pesares de perder un concelleiro e quedarse con 6. Sube o PSOE de 2 a 5 e queda o BNG sen representación municipal. En Carballedo continúa o PP con 9 concelleiros, subindo 1 e PSOE e BNG obteñen un concelleiro cada un, perdendo un os socialistas.

Na comarca de Lemos, o Concello de Monforte segue gobernado polo PSOE, pero agora en maioría absoluta, pasando de 6 a 11 concelleiros. O PP obtén 4 concelleiros, perdendo 1; o BNG pasa de 5 a 1 e mantense con un Esperta Monforte. Bóveda mantén os mesmos resultados que no 2015 con 6 concelleiros para o PP e 3 para o PSOE. No Saviñao continúa o PP con 6 e o PSOE alcanza 5, perdendo 1 o BNG. En Pantón o PP pasa de 7 a 6, o BNG sube de 2 a 3 e mantense o PSOE. Na Pobra do Brollón sube o BNG, que pasa de 5 a 6, o PSOE mantense en 2 concelleiros e perde 1 o PP, quedándose con 1. En Sober continúa o PP que sube 1, obtendo 8. Agroma Sober acada 2 a o PSOE 1.

Na comarca de Quiroga, o Concello de Quiroga segue como estaba, con 8 concelleiros do PP, 2 do PSOE e 1 do BNG. Ribas de Sil tamén se mantén, pero nesta ocasión elexía 7 concelleiros en lugar de 9 pola baixada de poboación, o PSOE obtén 5 concelleiros e 2 o PP. En Folgoso do Courel mantense o PP con 5, obtén 2 o PSOE e 2 C@urel Vivo.

Na comarca de Sarria o partido máis votado no Concello de Sarria foi Camiña Sarria do exalcalde socialista Claudio Garrido, con 6 concelleiros, seguido polo PP tamén con 6, o PSOE pasa de 4 a 2, o BNG mantén dous concelleiros e alcanza 1 concelleiro o grupo Ga S. En Láncara obtén o PSOE maioría sabsoluta, pasando de 5 a 6, 4 obtén o PP e 1 o BNG. No Incio volve o PP ao pasar de 3 a 5 concelleiros, o PSOE baixa de 5 a 4 e o BNG quédase sen representación. No Páramo a Agrupación de Electores Todo polo Páramo obtén 4 concelleiros ao igual que o PP e o PSOE pasa de 2 a 1. Samos segue sendo do PSOE a pesares de perder un concelleiro e obter 5, 2 o PP, 1 o BNG e 1 CxG e Triacastela mantense igual, con 4 concelleiros do PP e 3 do PSOE.

Os resultados por Partidos Xudiciais indican que a Deputación non sofriría cambios con respecto á composición actual, dacordo cos seguintes datos:

Datos do PP Provincial

unha votante de 105 anos en sober

Unha das anécdotas da xornada foi ver a María Dolores García Díaz, de 105 anos e veciña de Gundivós, votando no Concello de Sober. Exerceu o dereito ao voto en Neiras e contan que ata bromeu cos membros da mesa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here