O PP de Lugo critica a falta de proxecto de Tomé para a Deputación

A candidata popular á Deputación, Elena Candia, destacou que "máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar ao compañeiro saínte”.

Grupo Popular da Deputación de Lugo / Cedida

A deputada do PP na Deputación de Lugo Elena Candia criticou duramente a elección de Tomé á fronte da institución provincial ao remate do Pleno de Investidura. A líder dos Populares lucenses quixo salientar a falta de apoios dos socialistas, “que obtiveron o seus peor resultado dende o 2007”. Candia desconfía do acordo entre o PSOE e o BNG e afirmou que foi “a costa, probablemente, de prezos que non coñecemos”.

Nesta mesma intervención, Candia destacou a falta de proxecto de Tomé, quen, segundo o  Grupo Popular, “aproveitou o discurso de investidura para criticar ao compañeiro saínte, Darío Campos. Deste xeito, o PP reclama coñecer máis sobre as prioridades que socialistas e nacionalistas fixaron para a provincia no seu pacto.

Finalmente, Candia criticou que o PSOE e o BNG rexeitasen o proxecto dos Populares, “o partido mais votado polos lucenses”. Con todo, o Grupo Provincial do PP tamén felicitou ao novo presidente e amosoulle “o noso respeto institucional”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here