InicioPolíticaO PP de Monforte, en pé de guerra contra o alcalde

O PP de Monforte, en pé de guerra contra o alcalde

O Camiño de Inverno é o talón de aquiles do rexedor monfortino. Logo da visita da expedición nipona á cidade do Cabe, as críticas pola súa actuación non fixeron máis que acentuarse

Publicado o

- Advertisement -

Recentemente, una expedición nipona visitou Monforte durante o seu percorrido polo Camiño de inverno como xa informou o XdL. E este evento foi aproveitado polo PP para cargar contra o alcalde. A súa voceira na cidade, Julia Rodríguez, denuncia que o alcalde non aceptou a colaboración da Xunta de Galicia para mellorar os treitos polos que discorre o Camiño por Monforte e que se “intentou apropiar” do traballo feito pola Asociación Camiño de Inverno, da que é presidenta Aída Menéndez.

Segundo a portavoz popular, o Goberno Galego a través de Turismo de Galicia, fíxolle hai unhas semanas un ofrecemento a todos os concellos polos que pasa o Camiño de Santiago para colaborar con eles, pese a ser competencia municipal, no mantemento e conservación dos diferentes itinerarios, entre eles o Camiño de Inverno. Fronte a este ofrecemento, o alcalde socialista, José Tomé Roca non enviou resposta algunha, senón que se conforma con ter a ruta en mal estado e evita sacarse a foto nela para que ninguén vexa o aspecto deplorable que presenta o treito. Os populares tamén engaden que lamentan que o rexedor “falta á verdade” nos medios de comunicación e diga que non conta co apoio da Xunta cando foi el quen non deu resonta algunha a Turismo de Galicia.

Nesta mesma liña de tematización, os populares acusan a Tomé de “intentar apropiarse” do traballo feito pola Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Dende o goberno de Julia Rodríguez denuncian que para cando a expedición nipona chegou á cidade do Cabe e foron recibidos polo mandatario local, a Asociación non estivera convidada. De igual xeito denuncian a súa actuación cando o ano pasado desprazouse ata Sevilla polo acto promovido pola Asociación Camiño de Inverno soamente pola foto. “Agora ten o descaro de non convidalos a participar nesta recepción cando a Asociación leva anos recibindo ós peregrinos no noso concello, ademais de ser unha verdadeira impulsora que traballou durante décadas para conseguir que o trazado do Camiño de Inverno fora oficial”. Deste xeito consideran que, “non só quere bloquear as súas iniciativas senón que tamén quere apropiarse do seu traballo”.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...