InicioPolíticaO PP urxe á Deputación a desbrozar as estradas provinciais

O PP urxe á Deputación a desbrozar as estradas provinciais

O PP lamenta que a finais de agosto as estradas de titularidade provincial continuan sen desbrozar, cos conseguintes problemas de seguridade na circulación e o aumento de risco de incendios que isto supón.

Publicado o

- Advertisement -

O PP lamenta que a finais de agosto as estradas de titularidade provincial continúan sen desbrozarse, cos conseguintes problemas de seguridade na circulación e o aumento de risco de incendio.

A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia, califica de inconcibible que ano tras ano o PSOE teña desatendidos estes traballos; “Non se entende que unhas importantes tarefas que afectan á seguridade na rede viaria que empregamos a diario a maioría dos lucenses aínda non se puxeran en marcha”, explica Candia que engade que “nestes meses o risco de incendios é maior debido ás altas temperaturas e as marxes das vías provinciais cheas de maleza non axudar a previr a propagación de posibles lumes”.

Tamén se refire a voceira popular á imaxe que se ofrece da provincia mantendo as marxes das estradas provinciais nesta situación, “nin que dicir ten a imaxe de abandono da provincia que proxectamos os lucenses aos nosos visitantes”.

Sinala Candia que é nesta época cando o conxunto da provincia recibe un maior número de visitantes e, polo tanto, a cifra de desprazamentos por estradas aumenta; pero con estes antecendentes “dende o Executivo provincial non axilizaron a adxudicación dos traballos de roza que a día de hoxe seguen sen realizarse cando dende o Grupo Provincial Popular xa solicitabamos a comezos do verán o inicio destes traballos coa máxima urxencia”.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...