400.000 euros de gasto en Monforte que non cumpren a legalidade, segundo o PP

O PP de Monforte advirte que o Concello conta con 400.000 euros de gasto que non cumpren coa legalidade esixida.

Katherine Varela, candidata á alcaldía de Monforte polo PP / Prensa PP

No último Pleno, celebrado o 29 de xuño no Concello de Monforte, o servizo de Intervención presentou reparos de gasto por importe de 390.182,66 €, producidos dende maio a xullo.  Segundo os populares, esta figura administrativa constitúe un mecanismo de control “importantísimo”, a través do que o funcionario responsable fiscaliza que os pagos efectuados cumpran a lexislación vixente.

Os populares aseguran que están asombrados pola xestión administrativa do Equipo de Goberno e xa analizan cada un dos reparos, co fin de comprobar se se produciu algunha irregularidade relevante que poida xerar unha investigación penal.

Para o PP hai gastos, que pola súa continuidade no tempo e pola súa natureza, como poden ser os servizos de ascensores ou de alarmas, deberían estar sustentados por un expediente de contratación administrativo que non existe. Nesta situación aseguran que levarán a Pleno as mocións oportunas para que se inicien os expedientes de contratación neste senso.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here