InicioPolíticaAparcamento e parque público a carón do Hospital Comarcal de Monforte

Aparcamento e parque público a carón do Hospital Comarcal de Monforte

O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer na tarde deste luns 30 de setembro, un proxecto de parque público para a cidade que dará servizo de recreo para os veciños e veciñas e servizo de aparcamento para os visitantes ao Hospital.

Publicado o

- Advertisement -

O macro proxecto de aproveitamento da parcela de 6.212 metros cadrados situada entre a Ronda María Emilia Casas Baamonde e o recinto do Hospital Comarcal de Monforte, limitando tamén polos laterais coa rúa Corredoria e a rúa Codesás, foi avanzado polo Alcalde de José Tomé Roca á prensa e poñerá en valor unha leira sen uso útil ata o momento.

A parcela sobre a que se proxecta a zona verde e de aparcamento / XdL

O primeiro paso dado polo Equipo de Goberno do Concello para poñer en marcha este proxecto foi dado polo rexedor municipal co encargo “aos técnicos municipais, ao Secretario Xeral do Concello, ao técnico de Medio Ambiente e ao Aparellador municipal, de elaborar os informes técnicos necesarios para iniciar o expediente que dea lugar á construción do que será un novo parque público, unha vez que estean realizados os trámites administrativos pertinentes”.

Aproveitando o Pleno que terá lugar este mesmo 30 de setembro, levarase este proxecto  ao mesmo para a súa aprobación. O máis inmediato será, logo, aprobar a declaración de interese social da parcela onde se pretende construír o novo parque.

Posteriormente, iniciaranse os trámites para a adquisición dos terreos, que ben pode ser por mutuo acordo ou ben por expropiación. Unha vez adquiridos os terreos elaborarase o proxecto construtivo que defina os detalles do novo parque e a continuación realizarase a licitación para a adxudicación do proxecto, culminando todo este proceso coa realización das obras na nova zona verde.

Plano da parcela que se quere afectar

Aproveitamento integral do terreo

As características xerais do novo parque público, en verbas do mandatario municipal “queremos que teñan un carácter integral para dar resposta a varias cuestións ao mesmo tempo, de tal xeito que vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando con aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos”.

Con esta actuación e proxecto de futuro, darase servizo aos visitantes do Hospital e tamén aos veciños e veciñas de Monforte; os deste barrio serán os máis directamente beneficiados/as pero será igualmente útil para o resto pois o paseo paralelo á Ronda María Emilia Casas Baamonde é un vial moi transitado polos monfortinos/as.

O custe estimado destas obras de construción do novo parque superan os 600.000 euros, “custe ao que haberá que engadir o que finalmente custe a adquisición dos terreos, que neste momento descoñecemos”, sinalou Tomé Roca.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...