InicioPolíticaO PP de Galicia amosa en Monforte a súa preocupación polo ferrocarril...

O PP de Galicia amosa en Monforte a súa preocupación polo ferrocarril galego

As deputadas autonómicas Raquel Arias e Julia Rodríguez e a deputada provincial e alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mantiveron unha xuntanza con rexedores e voceiros do PP da zona sur de Lugo para abordar a situación das conexións ferroviarias da provincia.

Publicado o

- Advertisement -

Na actualidade, os populares aseguran que a súa máxima preocupación son as probas que está realizando Renfe na liña Galicia-Barcelona co obxectivo de substituír tanto as locomotoras como os vagóns por modelos “máis vellos, máis lentos e de inferior calidade” que xa sufriron avarías, cos consecuentes retrasos para os usuarios.

Desta maneira, deputadas, alcaldes e voceiros acordaron facer forza para frear estes cambios presentando iniciativas, tanto no Parlamento galego como na Deputación de Lugo. “Non se pode permitir que as liñas que pasan pola provincia sexan o desguace de Renfe, onde se reutilizan as máquinas e vagóns que non queren noutras partes de España”, denuncian os populares.

“Non entendemos que o PSOE queira deixar aos lucenses con trens de segunda e que non se adaptan ao modelo ferroviario que cabería agardar no século XXI, no que a alta velocidade é unha realidade xa en moitos territorios”, manifestaron.

Os cambios que agora se están probando suporían que o Trenhotel nocturno que une Lugo e Monforte con Barcelona pasase a circular con locomotoras de mercadorías. Unha modificación que, segundo expuxeron os populares, elevaría o tempo de viaxe nunhas dúas horas adicionais e poría en risco o funcionamento de certos servizos ao tratarse de cabeceiras non comerciais sen capacidade para xerar electricidade e abastecer aos vagóns de climatización e luz.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...