Jaime de Olano en Monforte convencido, cara as eleccións, de que hai ganas de cambio

O cabeza de lista do PP de Lugo ao Congreso mantén encontro en Monforte con afiliados, interventores e apoderados, para abordar cuestións relacionadas co inicio da campaña electoral.

PP reunión Jaime de Olano / PP Provincial

Jaime de Olano, ao fío da reunión, manifestou que “Na rúa percíbese o desgusto dos cidadáns co bloqueo producido polo socialista Pedro Sánchez. Tamén se percibe que os lucenses valoran a capacidade de acordo demostrada polo Partido Popular. Está claro: hai ganas de cambio».

O candidato tivo palabras de agradecemento e de ánimo para os afiliados populares e sianalaba “Esta vez está claro que é necesario apartar a Pedro Sánchez do Goberno, porque á vista está o que ocurre, por exemplo, con Alcoa-San Cibrao, Endesa-As Pontes e o AVE”.

Pola súa parte, a voceira municipal do PP, Katy Varela, agradeceu a presenza na reunión do cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano. Dixo que o PP de Monforte iniciará a campaña coa decisión e a forza necesaria para axudar de maneira decisiva a que Lugo consiga o terceiro deputado.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here