InicioPolíticaContra a supresión da venda presencial de billetes nas estacións do rural

Contra a supresión da venda presencial de billetes nas estacións do rural

O Partido Popular por Lugo formulará varias preguntas ao Goberno central en relación co peche da venda presencial de billetes en oito estaciones de ferrocarril en Galicia, das que tres, Sarria, Viveiro e Burela, están na provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares queren saber se Renfe rectificará a “inxusta decisión” de suprimir a partir de xaneiro do 2020 o servizo de venda presencial de billetes nas estacións do Carballiño, Ribadavia, Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, Guillarei e Redondela.

Segundo os populares esta decisión “priva aos usuarios dun servizo que estaba previsto que se mantivese”. Preguntan, tamén “se é consciente o Goberno de España de que a supresión da venda presencial de billetes en estacións do rural de Galicia supón ir en contra dos principios de mantemento de servizos de calidade e proximidade dos cidadáns no rural”, sendo como é un “servizo público esencial que debe primar por riba dos obxectivos económicos”.

En Sarria, o portavoz popular, José Antonio García, presentará outra moción no pleno de xaneiro. “O tempo di moi claramente quen é cada quen. O Partido Popular sempre estivo en contra da redución de persoal en Sarria. De feito, no ano 2017, Renfe xa tentou pechar a venda presencial de billetes e, a través de José Manuel Barreiro, fixéronse xestións que deron como resultado que o Goberno presidido por Mariano Rajoy non permitise esa medida. Daquela manifestábanse os socialistas e os de Podemos; esperamos que agora tamén se manifesten, porque o Goberno presidido por Pedro Sánchez non fixo nada para evitar o peche da venda presencial de billetes”, criticou Garcia. O representante dos populares sarriáns preguntou así mesmo “onde están os socialistas galegos para impedir esta diminución nos servizos de atención ao cliente; onde está Gonzalo Caballero, cuxa voz non se escoita para a defensa dos intereses de Galicia en xeral, e de Lugo en particular”.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...