Paradela verá reparadas as deficiencias na estrada LU-P-4206

As obras teñen como obxectivo poñer fin as deficiencias producidas polo deseño da estrada, sobre todo nos taludes da mesma

Sonsoles López en Paradela/Deputación de Lugo

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, ven de informar do investimento de preto de 80.000 euros por parte da Deputación de Lugo na estrada LU-P-4206, concretamente entre Loio e San Facundo. “Mellorarase de xeito moi notable a estrada, incrementando a seguridade da mesma e ofrecéndolles ós veciños infraestructuras públicas de calidade”.

As obras, que se realizarán nun treito de preto de 400 metros, consisten no acondicionamento do talud existente e a posterior construción do muro de escollera ao longo do vial, ademais de novas cunetas con baixantes e muros de contención. Tamén se realizarán labores de limpeza viaria co podado das árbores e ramas que invaden as vías, así como a mellora do firme nos puntos que sexa necesario.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here