O Pleno Municipal do día 25 de xuño presúmese quente, tanto pola calor como pola temática

PP e BNG son os partidos da oposición do actual mandatario que máis "guerra" lle dan á hora de levar a cabo actuacións na cidade do Cabe

Torre da Homenaxe/G.M.

O grupo político do BNG presentará no Pleno do 25 de xuño unha moción para dotar de iluminación as glorietas da rúa Chantada e o segundo tramo urbano, pois, entende que ó ser unha das principais vías de entrada á cidade tanto a nivel estético como de seguridade, levar a cabo a súa proposta sería un gran acerto.

Por outra banda, os populares explican que a modificación da Lei do Catrastro Inmobiliario provocou que moitos inmobles de Monforte visen modificada a súa catalogación de urbana a rústica e, polo tanto, deuse un troco na súa clasificación catrastal, o que implica que a contía que deben soportar os seus propietarios á hora de aboar o IBI é inferior dende xaneiro de 2016. Pese é cambio normativo, dende o Concello non se aplicou dita reducción da contía do imposto aínda que o mandatario ten unha relación detallada dos inmobles afectados.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here