Seguridade vial e deporte, iniciativas de Esperta Monforte

Esperta Monforte presenta un rogo no concello sobre os solares habilitados como zona de  aparcadoiro no Casco historico da cidade.

Aparcadoiro Monforte / Esperta Monforte

Segundo Esperta os aparcadoiros do cruce da rúa do Conde e a praza do Conde e o do cruce da rúa Julio Camba e a rúa Dr Teijeiro, conlevan problemas de seguridade vial. Este solares están delimitados por parte das fachadas dos edificios preexistentes antes de ser  derrubados, e segundo Esperta, ocasionan perigo para os péons que transitan polo contorna, que ademais non ten beirarruas, debido a falta de visibiliade ao intentar cruzar .

Solicitan ao Alcalde que dea as instruccións pertinentes para que se proceda a rebaixar a altura dos muros dos solares referidos para mellorar a visibilidade e a seguridade vial para peóns e vehículos.

Presentan tamén unha moción solicitando a posta en marcha do Consello Municipal de Deportes, órgano que lembran foi este alcalde quen o puxo en marcha e o presidiu no seu día. Esperta pide a súa reactivación, nomeando representantes dos grupos políticos e de clubes e asociacións representativas do mundo do deporte local. “Todo co obxectivo de fomentar un modo de vida saudable e as propias condicións fisicas, así como a valores de superación, loita, respecto polos demais e as normas.” Esperta quere remontar a participación na “Gala do deporte” e pide que se melloren as bases.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here