InicioPolíticaO BNG pide explicacións pola concesión do Náutico de Belesar

O BNG pide explicacións pola concesión do Náutico de Belesar

Antonio Veiga e Xosé Ferreiro, deputados do Grupo do BNG na Deputación de Lugo, pediron explicacións ao Presidente da institución ao aprezar que non se lle deu publicidade nin saíu a concurso público a concesión para explotar este establecemento turístico.

Publicado o

- Advertisement -

O Club Náutico de Belesar é un establecemento de gran interese turístico no Concello do Saviñao polo seu embarcadoiro de onde saen catamaráns que percorren o río Miño e polas posibilidades do restaurante que inclúe o complexo, situado nunha paraxe espectacular na aldea de Belesar.

Hai unhas semanas a Deputación de Lugo procedeu a outorgar a concesión da explotación a unha persoa que presentara a solicitude sen mediar nin publicidade nin concurso público de ofertas para a súa adxudicación segundo manifestan os deputados do Grupo do BNG nesta institución.

Tras constatar que varias persoas e empresas do sector hostaleiro na zona tiñan intención de participar no proceso, de exisitir tal, os deputados Antonio Veiga Outeiro e Xosé Ferreiro Fernández presentaron varias preguntas ao Presidente da Deputación de Lugo a partir dunha iniciativa trasladada polo BNG do Saviñao para que contestase diante do Pleno do pasado martes. Buscábase que se explicaran os motivos polos que non se lle deu publicidade ao proceso de concesión para que puidesen participar persoas ou empresas do Concello do Saviñao ou incluso xente doutros puntos da comarca, os motivos polos que dúas “teóricas” ofertas por invitación que resultaron fallidas non figuraban no expediente de concesión e tamén pedían coñecer as razóns de que se adxudicara a explotación deste negocio sen mediar ningún tipo de concurso público.

A resposta dada desde o goberno da Deputación non resultou convincente para os nacionalistas afirmando incluso que desde o PSOE están a mentir descaradamente porque coñecen persoas do Saviñao que se puxeron en contacto con persoal da deputación interesándose pola xestión do local e que logo non foron invitadas ao proceso.

O BNG denuncia tamén o estado de abandono que sufren as instalacións desde semana santa. A terraza está desmantelasda e os aseos pechados ás usuarias e usuarios dos catamaráns co cal a imaxe que dan as instalacións públicas polas que pasan miles de turistas na tempada de verán é lamentable.

 

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...