InicioPolíticaO BNG do Saviñao denuncia o abandono da Devesa de Escairón

O BNG do Saviñao denuncia o abandono da Devesa de Escairón

O BNG do Saviñao leva anos intentando que o Concello inicie os trámites para declarar a Devesa de Escairón como Espazo Natural de Interese Local.

Publicado o

- Advertisement -

A Devesa de Escairón é un lugar de árbores centenarias e de interese ambiental; unha mestura de souto e carballeira formada por diversas especies de árbores que sempre foi un orgullo para os veciños da zona.

Dende o BNG do Saviñao denuncian o estado de abandono que presenta actualmente polo desinterese absoluto do alcalde. Un carballo centenario partiuse á metade por causa das tormentas destes últimos días e os castiñeiros están infectados. Un estado de decadencia por parte do mandatario local que dende o BNG queren poñer fin canto antes. Por outra banda, esperan que nun futuro inmediato o mandatario local leve a cabo un plan de conservación da Devesa e que se inicien os trámites para declarar a zona como Espazo Natural de Interese Local tal como se acordou en maio de 2007.

Castiñeiro danado polas últimas tormentas/BNG Saviñao

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...