O BNG de Quiroga pide un Plan de reactivación económica local

Os nacionalistas propoñen activar un Plan de reactivación económica local, que inclúa asesoramento e axudas directas, analizando caso por caso, a autónomos e PYMES que se atopen en situacións límite,

Limpeza Covid19 / Concello de Quiroga

O BNG de Quiroga solicita ser informado das accións de goberno na crise do Covid19 e presenta varias propostas para afrontar a crise, como reforzar a reforzar a cobertura social, “pedimos a elaboración urxente do Estado de Contas de 2019 para coñecer o remanente e poder aplicar o 20% do mesmo a gasto social e asistencial. E tamén pedimos que se tire do 50% do Plan Único deste ano para destinar a necesidades sociais derivadas da pandemia.”

No apartado de medidas sanitarias piden reforzar a desinfección, achegar máscaras para os cativos e tamén para os taxistas, colectivo en contacto directo con grupos de risco, e facer chegar máis material e test para o persoal do ambulatorio.

Nas medidas fiscais, que se interrompa o cobro do lixo e da auga aos comerciantes e empresarios que durante o estado de alarma tiveron que pechar a persiana e non teñen actividade económica algunha. Piden que non se cobren os gastos de recollida da taxa do punto limpo.

Os nacionalistas propoñen activar un Plan de reactivación económica local, que inclúa asesoramento e axudas directas, analizando caso por caso, a autónomos e PYMES que se atopen en situacións límite, “axudas que podan ser complementarias ás que se aprobaron xa dende o Goberno Central para autónomos e empresas.” Desde o BNG cren que hai partidas do orzamento 2020 que poden sacrificarse ou reducirse en beneficio destas axudas, como o gasto en subvencións para festas de aldeas, “que seguramente non se podan realizar este ano, o orzamento para eventos de Quiroga, incluídas as festas de agosto, subvencións para entidades deportivas se tampouco se realizarán eventos deportivos estes meses, gastos en publicidade e protocolo, gastos de combustible, etc.”

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here