InicioPolíticaO PSdeG de Sarria solicita a convocatoria urxente dun pleno

O PSdeG de Sarria solicita a convocatoria urxente dun pleno

Tendo unha moción con medidas de carácter económico en favor dos veciños e veciñas de Sarria para tratar no pleno ordinario mensual, os socialistas láianse de que este non se realizara nin adiara.

Publicado o

- Advertisement -

Nun escrito presentado ao Alcalde do Concello de Sarria, con data 30 de abril, día no que correspondía a celebración do pleno mensual, o grupo socialista municipal solicita “a convocatoria extraordinaria e urxente dun pleno para a semana que vén” entendendo que non se pode demorar máis a toma de decisións diante desta crise.

Amosan o seu malestar por non ter celebrado ese Pleno Ordinario e, en troques, convocar un Pleno Extraordinario para o 5 de maio no cal, segundo os concelleiros socialistas asinantes, Diego López López e Pilar López Yáñez, “non se poden nin tratar mocións nin facer rogos nin preguntas”, feito que entenden priva de dereitos á oposición. Abondando nos argumentos anteriores afirman así mesmo que os temas a tratar no pleno extraordinario -aceptación dunha subvención e aprobación do Regulamento Orgánico do Pleno- non son urxentes mentres que as medidas para paliar os efectos da crise do COVID19 si.

Así as cousas, esperan esa convocatoria para poder defender a moción presentada con medidas encamiñadas a ofrecer solucións para combater a crise económica derivada do Coronavirus. Na moción propoñen que o Pleno acorde non esixir as taxas e/ou prezos públicos derivados da prestación por parte do concello de servizos culturais, deportivos e de lecer, a escola de música, a piscina climatizada, ocupacións de espazos públicos -feiras, terrazas, bares e restaurantes- ata que se levante a suspensión das devanditas actividades.

E nesta liña tamén piden que se acorde non cobrar as taxas polo abastecemento de auga potable, pola recollida e tratamento dos residuos urbanos e de lixo e as derivadas da prestación de servizos de depuración de augas residuais e sumidoiros. Como no caso anterior, a non esixencia de pago deberase ter en conta ata o levantamento das suspensións derivadas do estado de alarma.

A maiores destas medidas de carácter fiscal, piden outorgar unha subvención ao Organismo Autónomo A Nosa Señora do Carme polo orzamento que lle correspondía das festas de San Xoán, e destinar a mesma a obras de mellora e compra de material de prevención ante unha posible recaída da pandemia; e tamén que as partidas do orzamento destinadas a eventos culturais e deportivos que se van aforrar teñan como destino sectores afectados polas suspensións de actividade durante o estado de alarma.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...