InicioPolíticaEspertaMonforte! propón medidas para a reactivación económica

EspertaMonforte! propón medidas para a reactivación económica

Espertamonforte! propón ao Concello de Monforte de Lemos unha serie de medias para paliar os efectos económicos negativos da crise provocada pola COVID19. Medidas que se centran no reforzo dos servizos sociais e a recuperación económica.

Publicado o

- Advertisement -

No tocante ao reforzo dos servizos sociais, desde a formación política aseguran que o concello ten “uns servizos sociais carentes de persoal e absolutamente saturados en canto a volume de traballo, o que provoca en gran medida que a atención non sexa todo o satisfactoria que debería resultar.” Solicitan ao Concello de Monforte a incorporación inmediata dun novo traballador/a que reforce o persoal de Servizos Sociais para poder dar saida a todo ese volume de traballo de xeito satisfactorio.

Nas medidas orientadas á recuperación económica, Espertamonforte! plantexa dúas liñas de actuación : dixitalización,  e suspensión ou bonificación de taxas. Na dixitalización propoñen a creación dunha APP para axudar ao comercio local a promocionar, vender e distribuir os seus produtos. Esta app aseguran que deberá ser titorizada e apoiada económicamente polo Concello durante os dous primeiros anos, tal e como están facendo xa numerosos concellos da xeografía española.

Na bonificación de taxas, consideran imprescindible a reducción de impostos neste momento, “os fondos deben invertirse en axudar a quen realmente o necesite,  os nosos veciños, os nosos autónomos, os nosos traballadores, e as nosas empresas.”

Unha vez analizados os orzamentos municipais deste ano desde Espertamonforte! propoñen:

  • Exención fiscal do 100% de todas as tasas e impostos municipais ata 2021 a todos os autónomos e empresas que viran afectada a súa actividade por mor da COVID19.
  • Exención fiscal do 100% do IBI a todos os veciños ou fogares que por mor da COVID19 estén en situación de emerxencia social.
  • Levar a cabo estas medidas cos fondos recentemente incorporados do remanente de tesourería, que ascenden a máis de 6 millóns de euros.

Desde Esperta traladaron estas propostas ao tecido produtivo de Monforte para convocar nun futuro próximo unha mesa sectorial na que poder debatir e concretar estas e outras medidas que podan axudar a recuperación económica da vila.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...