Erros nas obras da rúa Cardeal de Monforte

Segundo EspertaMonforte! as deficiencias da obra foran notificados ao Concello, polo que din non entender que esa obra fora dada por rematada e lamentan que este comportamento do concello sexa habitual,

Rúa do Cardenal entrega / Concello de Monforte

O pasado luns, 11 de maio, o Alcade de Monforte asinaba a acta de fin de obra de pavimentación da Rúa Cardeal. Xa ao día seguinte saía tanto na páxina web do Concello como en redes sociais, imaxes deste acto.

En palabras do alcalde, a entrega desta obra no inicio da fase 1 da desescalada era moi importante porque “as tendas que teñan permitida a súa apertura nesta fase, poderán facelo contando cos accesos ás súas instalacións rematados”. Pero en dous días de choiva as obras presentaron os primeiros problemas, segundo EspertaMonforte! “maniféstanse as claras deficiencias presentes nesta obra, formándose numerosos charcos de gran tamaño, e desviando o auga cara o interior dos locais comercais e dos domicilios, cousa que nunca antes sucedera segundo manifestan os propios comerciantes.”

Segundo EspertaMonforte! estes problemas foran notificados ao Concello, polo que din non entender que esa obra fora dada por rematada e lamentan que este comportamento do concello sexa habitual, “non é a primeira vez que o noso alcalde asina unha acta de finalización de obra con notables deficiencias. Nos estamos referir, por exemplo, ás beirarrúas da rúa Corredoira, a zona situada na entrada ao convento das Clarisas, Santo Domingo, etc.”

A formación política amosa a súa preocupación por considerar que o concello non fai seguimento das obras contratadas “ao recepcionalas con erros e non corresponderse co gasto xerado, e que como sempre, sae do peto de todos os monfortinos,” apuntan.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here