InicioPolíticaPropostas do BNG de Monforte "para minimizar o impacto socioeconómico da crise"

Propostas do BNG de Monforte “para minimizar o impacto socioeconómico da crise”

O BNG entregou nesta semana as súas achegas no concello de Monforte para minimizar o golpe socioeconómico da Covid19, con propostas socioeconómicas e hixiénico sanitarias.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado luns, 11 de maio, convocouse a Xunta de Portavoces do Concello de Monforte de Lemos, a petición do grupo local do BNG. Os nacionalistas consideran que antes desta xuntanza, “o grupo de goberno apenas permitiu desenvolver as funcións de control, propias da oposición, nin deu marxe aos demais partidos para aportar ideas e propostas de acción, dirixidas a minimizar o golpe socioeconómico provocado pola pandemia da COVID19.”

O BNG entregou nesta semana as súas achegas no concello de Monforte para minimizar o golpe socioeconómico da Covid19, que son as seguintes:

Medidas fiscais e socioeconómicas: Exención total ou parcial do pagamento das taxas de titularidade municipais no exercicio fiscal 2020. Crear unha liña de bonificación do IBI, para o exercicio 2021 para as familias afectadas laboralmente polos efectos da pandemia. Rebaixa do tipo impositivo do IBI para o exercicio 2021, que debe ser publicada antes do remate do presente ano fiscal. Crear unha liña de axudas específicas para o sector primario monfortino. Ampliar o prazo e fondos do Plan Reactiva Monforte se fose preciso. Reorientar o orzamento destinado as actividades festivas que non se celebren para axudar e promocionar os sectores máis afectados pola crise, como a hostalería e o turismo. Evitar a fenda dixital no social e no territorial. Levar a cabo unha campaña de promoción e apoio ao comercio local, que xere conciencia da necesidade de mercar en Monforte.

Medidas hixiénico-sanitarias: Desinfección das zonas peonís da cidade, en especial aquelas que tiveron un tránsito de persoas elevado durante a primeira fase da desescalada. Establecemento de protocolos hixiénico-sanitarios claros para todos os traballadores/as de centros municipais, que se vaian abrindo nas distintas fases da desescalada. Material de protección para o persoal municipal.

O BNG de Monforte de Lemos considera estas medidas necesarias ante a actual situación de crise sanitaria e económica, “medidas destinadas a aliviar a economía da veciñanza e aportar garantías de seguridade sanitaria, pero tamén, de colaboración para que se tomen as medidas axeitadas de cara ao ben común, como cando propuxemos o reparto de máscaras infantís, idea desbotada polo goberno municipal nun primeiro momento, pero que agora foi tomada en consideración.”

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...