InicioPolíticaEspertaMonforte! impugna os orzamentos do concello

EspertaMonforte! impugna os orzamentos do concello

Coa impugnación, EspertaMonforte! busca que non se empregue o remanente de tesourería para obras que consideran prescindibles, en lugar de destinalo á recuperación económica.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno municipal do 24 de abril no concello de Monforte aprobaba inicialmente o expediente de modificación de créditos 19/2020, que é obxecto de exposición pública segundo anuncio no BOP do 5 de maio actual, a efecto das reclamaciones que procedan.

EspertaMonforte! considera que o expediente incumpre a normativa legal aplicable no que respecta aos investimentos (capítulo 6 do estado de gastos do orzamento), “que figuran por importe de 3.000.000 de euros de investimentos e 1.250.000 euros de medio ambiente, en dous aspectos esenciais: un ten que ver con ser un expediente de créditos extraordinarios e/ou suplementos de crédito e outro co feito de ser investimentos.”

Insisten desde Esperta en que o artigo 177 da Lei Reguladora das Facendas Locais recolle para expedientes como este, que sexa un gasto que non se poida demorar ata o exercicio seguinte. Esperta cre que o equipo de goberno incumpre conscientemente coa premisa legal cando no debate do asunto “se recoñeceu que iso queda ahí para o futuro, un futuro que obviamente pode incluir anos vindeiros, por ser incorporable a exercicios próximos este tipo de crédito independentemente da fase de gasto que se acade no 2020.”

Refírense tamén a que se trate de gastos de investimento, “que no orzamento inicial formarían parte do anexo de investimentos, coas características de concreción e identificación que prevé o artigo 19 do Real Decreto 500/1990. Descoñecer esas esixencias por non estarmos na aprobación inicial do orzamento senón nunha modificación del, é unha clara defraudación de como se debe orzamentar un investimento.” Consideran tamén que ė un desprezo aos membros da Corporación, “que non sabemos exactamente para qué están votando a dotación de crédito. Hai que ter en conta que “nos gastos de investimento non permiten esta xenérica e inconcreta forma de orzamentar.”

En consecuencia, Esperta solicita que na aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos 19/2020 se retire do mesmo o relativo ás aplicacións orzamentarias do capítulo 6 de gastos.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...