InicioPolíticaQue Monforte non perda o tren, obxectivo dos populares

Que Monforte non perda o tren, obxectivo dos populares

O secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acompañado da candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia e voceira do PP en Monforte, Katy Varela, mantiveron unha xuntanza con representantes dos sindicatos ferroviarios da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miguel Tellado manifestou que “a crise sanitaria non pode ser unha escusa para desmantelar os servizos ferroviarios” por parte do Goberno de Pedro Sánchez, e adiantou que, no marco do proxecto político que representa Alberto Núñez Feijóo, seguirán demandando que Galicia e, dun xeito máis concreto Monforte, non siga perdendo servizos deste tipo.

“O Goberno de Sánchez ten sido negativo para Galicia e as infraestruturas do ferrocarril”. Tal é así que, subliñou, “seguimos sen ningunha certeza de confirmación das datas sobre as obras do AVE”. Tellado lembrou que “levamos meses denunciando o desmantelamento deste servizo, que se traduce na supresión dos trens hotel que conectan a comunidade con Madrid e Barcelona, a venta de billetes en varias estacións desta provincia, avarías e retrasos dos trens… Por iso, dende o PPdeG queremos ser moi claros”, engadiu.  

E é que, apuntou Katy Varela, “a decadencia da zona, pola disminución do tráfico ferroviario e a perda de servizos é cada vez maior. Por ese motivo, reunímonos co persoal ferroviario para que Monforte no perda o tren”, concluíu.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...