InicioPolíticaO debate electoral da provincia centrouse en Alcoa e as residencias de...

O debate electoral da provincia centrouse en Alcoa e as residencias de maiores

O encorsetado debate —en forma e en tempos— non permitiu tocar moitos máis asuntos trascendentais neses 60 minutos de reloxo. Fóra quedaron outras problemáticas como, por exemplo, as eivas no servizo ferroviario de Lugo.

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

Logo do debate electoral da noite do pasado luns, a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) organizou catro debates provinciais de cara aos comicios autonómicos do 12 de xullo. As sete principais candidatas e candidatos pola circunscrición de Lugoparticiparon neste encontro, protagonizado pola situación de Alcoa e polo modelo de xestión das residencias de maiores. 

O debate, moderado polo xornalista Francisco López Iglesias, foi gravado o 30 de xuño e a TVG escolleu as dez da mañá de hoxe para a súa emisión [preme aquí para velo], unha decisión criticada polo colectivo de traballadores ‘Defende a Galega‘. Precisamente, esta plataforma que reivindica a independencia da TVG estivo presente no debate xa dende o minuto de apertura, con apoios explícitos de Miguel Anxo Fernán Vello (Galicia en Común-Anova-Mareas) ou Patricia Otero (PSdeG). A información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...