InicioPolíticaActos públicos do BNG no sur de Lugo

Actos públicos do BNG no sur de Lugo

Olalla Rodil multiplicouse este pasado domingo 5 de xullo para asistir pola tarde a Ribeiras de Miño, en Pantón, e á noitiña a Escairón, no Saviñao. O martes, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, estará en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón agradecía nas redes sociais a asistencia de veciñas e veciños ao acto de campaña que tivo lugar o pasado domingo 5 de xullo cos veciños e veciñas de Ribeiras de Miño no que participou a candidata por Lugo, Olalla Rodil. Así mesmo, xustificaba non ter publicado fotos da xente para evitar que as persoas que se achegaron ata alí sexan sinaladas ou sufran persecucións ideolóxicas.

Non moi lonxe de alí, no Saviñao, tiña lugar ás 20:00 h. outro acto público organizado polo BNG do Saviñao. Foi na Praza Maior de Escairón, a capitalidade do concello, e respectando as medidas sanitarias oportunas, con cadeiras separadas e máscaras de todas e todos os asistentes. No mitin participaron Antía Rodríguez e Isidro Rajo, como anfitrións dos nacionalistas, e a continuación interviñeron o chantadino Iago Suárez e Olalla Rodil, número 5 e 1 respectivamente na candidatura do BNG pola provincia de Lugo.

Intervención de Olalla Rodil / XdL

E para este vindeiro martes 7 de xullo, o BNG de Chantada organizará o seu mitin de campaña ás 21:00 h. no Campo da Feira Vello. Participarán Ana Lage, Manuel Moure, Iago Suárez e pechará o acto Olalla Rodil.

FERNANDEZ LORES EN MONFORTE

Pola súa banda, o BNG monfortino fará de anfitrión de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade de Pontevedra. O recibimento será este martes 7 de xullo ás 13:00 h. nun encontro aberto ao público con el na terraza do Bar Anchoas, no Malecón de Monforte de Lemos.

Baixo o tema “Cidade modelo BNG” Lores falará da experiencia de éxito da cidade do Lérez como referencia mundial en sostenibilidade urbana e sairá. Entre os temas que sairán no encontro, seguramente se poña enriba da mesa a proposta de ponte tan polémica que proxecta o goberno local de Monforte para atravesar o Cabe.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...