InicioPolíticaCae case un punto a participación en Lugo e estáncase en Galicia

Cae case un punto a participación en Lugo e estáncase en Galicia

No conxunto galego, ás 17:00 da mañá votou o 42,95% do censo, medio punto máis ca no 2016.

Publicado o

- Advertisement -

A participación nas eleccións autonómicas estáncase tras a suba xeneralizada da franxa horaria da mañá. Se ben daquela se rexistraba un aumento de catro puntos, agora sitúase algo menos de medio punto por riba da participación dos comicios do 2016. No caso de Lugo, ademais, os datos son lixeiramente inferiores: ás 17:00 horas votou o 41,81% do censo, case un punto menos (-0,91%).

Así o indicou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que facilitou o dato no centro de prensa habilitado na Xunta. No conxunto galego, acudiu ás urnas o 42,95% do electorado. 

Ás 12:00 horas, Lugo vía aumentada a participación en tres puntos.  Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...