O PP gaña nos concellos da zona sur e o BNG ascende á segunda

Despois de PP, BNG e PSOE, nas cabeceiras de comarca sitúase VOX.

mesa electoral Monforte / XdL

Na zona sur da provincia co 100% dos votos escrutados no concello de Monforte o PP obtén 4.261 votos, séguelle o PSdeG con 1.988 votos e o BNG con 1.700. Como cuarta forza sitúase VOX con 297 votos.

Tamén o PP obtén a maioría de votos en Sarria co 93% dos votos escrutados, recibe 3.428 votos, o BNG sitúase como segunda forza con 1.579 votos e o PSdeG terceira con 888. VOX sitúase en cuarto lugar con 115 votos.

En Chantada co 100% dos votos escrutados tamén o PP é a forza máis votada, 2.196; seguida do BNG con 945 e do PSdeG 770, VOX queda como cuarta con 95 votos.

En Quiroga volve a ser o PP o partido máis votado, co 100% escrutado; recibe 1.175 votos, o PSdeG 263 e o BNG 224. Neste caso é Podemos-eu-anova a cuarta foza política con 42 votos.

En Galicia co 97% escrutado o PP mellora os resultados pasados con 610.071 votos, o BNG sitúase como segunda forza con 302.846 e o PSdG como terceira con 246.743. En cuarto lugar sitúase Podemos-eu-anova con 49.835.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here