Así foron os resultados por concellos no sur da provincia

Na provincia de Lugo sube o PP de 8 a 9 escanos; consegue 3 escanos o BNG e 2 o PSdeG. En toda a provincia Galicia en Común recibe 3.678 votos e 3.356 VOX

Eleccións en Vigo o 12X ©Miguel Nuñez

En Galicia cunha participación do 58,88% o PP mantén 41 deputados e revalida a súa maoiría absoluta. O BNG sitúase en segundo lugar e pasa de 6 a 19 deputados e como terceira forza queda o PSdeG que sube de 14 a 15 deputados. Contra todo pronóstico Galicia En Común desaparece do mapa parlamentario galego.

Na zona sur da provincia no concello de Monforte, o PP obtén 4.261 votos, séguelle o PSdeG con 1.988 votos e o BNG con 1.700. Como cuarta forza sitúase VOX con 297 votos. Nesta comarca o PP recibe o 62,63% dos votos no Saviñao, o PSdeG o 21,34% e o BNG o 11,54%. En Pantón o 62,27% dos votos foron para o PP, o 17,84% para o BNG e o 13,81% para o PSdeG. En Sober o PP faise co 70% dos votos e BNG e PSdeG rondan algo máis do 12% con 3 votos máis o PSdeG. Na Pobra do Brollón o PP recibe o 48,4% dos votos, o BNG o 29,79% e o PSdeG 16,55%. En Bóveda o 61,56% dos votos son para o PP, o 18,04% para o PSdeG e o 14,98% para o BNG.

Tamén o PP obtén a maioría de votos en Sarria, recibe 3.633 votos, o BNG sitúase como segunda forza con 1662 votos e o PSdeG terceira con 944. En Láncara o PP recibe 762 votos, 253 o PSdeG e 250 o BNG. No Incio 662 votos para o PP, 193 para o PSdeG e 164 para o BNG. No Páramo o PP recibe 420 votos, o BNG 109 e o PSdeG 107. 806 votos recibe o PP en Paradela, 153 o PSdeg e 127 o BNG. En Samos, os populares obteñen 472 votos, 139 o PSdeG e 102 o BNG. En Triacastela o PP obtén 266 votos, o PSdeG 85 e o BNG 53.

En Chantada tamén o PP é a forza máis votada, 2.196; seguida do BNG con 945 e do PSdeG 770, VOX queda como cuarta con 95 votos.  1.056 votos obtén o PP en Carballedo, 184 o BNG e 153 o PSdeG. En Taboada obtén 851 votos o PP, 260 0 BNG e 244 o PSdeG.

En Quiroga os populares reciben 1.175 votos, 263 PSdeG e 224 o BNG. E no concello de Folgoso do Courel o PP obtén 398 votos, 111 o PSdeG e 87 o BNG. Destacan os resultados do PSdeG en Ribas de Sil onde obtén 193 votos, en todo caso a forza máis votada é o PP con 246 e o BNG obtén 67 votos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here