InicioPolíticaA Pobra do Brollón toma medidas preventivas ante o perigo da Covid19

A Pobra do Brollón toma medidas preventivas ante o perigo da Covid19

O concello vén de comunicar a redución do servizo de atención no fogar, a suspensión de eventos e que a feira do 25 só disporá de postos de polbo para recollida e consumo nas casas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os gromos de Covid-19 detectados en concellos limítrofes como Monforte de Lemos e O Incio levaron ao Concello da Pobra do Brollón a tomar diferentes medidas de protección para as veciñas e os veciños. Reducirase a atención no fogar de Servizos Sociais, suspéndense os eventos culturais organizados e manterase a feira do 25 de agosto pero coa única presenza dos postos de polbo pero para servir a clientes que o leven á casa, non se servirá para consumo nos bares como é tradicional.

O servizo de atención no fogar limitarase aos casos de maior necesidade de forma cautelar ante a situación da Residencia de Maiores do Incio. A cancelación de eventos afecta ao torneo de picadiscos Pratos e Discos que continuaba este venres. O evento posporase ata novo aviso.

“Dende o concello non temos constancia polo de agora de ningún contaxio dentro do noso municipio, pero sabemos que o virus non entende de fronteiras polo que tomamos esta medida cautelar ata que se estabilice a situación” aclaraba o alcalde Xosé Lois Maceda.

O alcalde lembra que o concello e os seus veciños e veciñas deben facer un “exercicio de responsabilidade” usando o sentido común e respectando todas as medidas de seguridade, como o uso estrito de máscara, a desinfección constante e correcta de mans e o distanciamento social.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...