InicioPolíticaO BNG de Pantón amosa o seu apoio ao SAF

O BNG de Pantón amosa o seu apoio ao SAF

A formación nacionalista manifestou o seu apoio ao plantel do Servizo de Atención ao Fogar no Concello de Pantón e aproveitou tamén para pedir equipos de seguridade e PCR para as traballadoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Diante da situación actual, agravada polos positivos detectados na Comarca de Lemos, o grupo municipal do BNG en Pantón pediu tranquilidade e responsabilidade ás persoas dependentes e ás súas familias ao tempo que trasladou ao goberno local unha serie de esixencias.

A voceira do grupo nacionalista, Rosana Prieto Florines, instou á alcaldía o pasado 27 agosto, por rexistro presencial no concello, a adoptar as seguintes medidas:

1. Illamento dos domicilios con posibilidade de contaxio, por contacto con empregadas do servizo do fogar con positivo, ou contactos indirectos. 

2. Redución do SAF agás as persoas gran dependentes. Para protexer ás persoas dependentes, ás súas familias e ás traballadoras do SAF. 

3. Probas PCR para todo o plantel SAF

4. Equipos de protección individual (EPIs) e Buzos suficientes en número e axeitados ao momento que estamos pasando. 

Ao mesmo tempo que solicitaban estas accións fixeron chegar o seu apoio a todo o persoal do SAF, en especial ás persoas que poidan dar positivo, aos dependentes e tamén ás súas respectivas familias. Lembran ademais, nunha acción de comprensión que cómpre ter en conta nos tempos que corren, que “ser positivo non é culpa da persoa que lle toca senón froito dunha pandemia sanitaria e dun brote que estamos a vivir na nosa contorna, Concello de Pantón incluído”

Rosana Prieto Florines, voceira BNG Pantón. Foto: R.P.

“Puxémonos a disposición da alcaldía unha outra vez para atallar este brote e tentar xestionar esta crise. Son momentos de sumar e actuar con celeridade e tranquilidade” declaraba Rosana Prieto despois de manter unha reunión co rexedor do consistorio pantonés o mesmo día que pedía por rexistro o escrito coas medidas devanditas.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....