InicioPolíticaCV denuncia o elevado custe da xestión das redes sociais do concello...

CV denuncia o elevado custe da xestión das redes sociais do concello do Courel

Desde C@urel Vivo denuncian que xestionar as redes sociais (facebook, instagram...), nun concello duns 1000 habitantes, vai custar 8.532 € ó ano (711 ó mes). Critican que se perdan servizos cada día mentres o Concello externalizar servizos e malgasta fondos en medidas que non dinamizan o turismo dunha maneira sustentable.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

C@urel Vivo considera máis convinte que xestione as redes sociais, persoal do Concello por tratarse de perfís institucionais que deben de informar á veciñanza e dinamizar o Concello, “non como autofalante dun único Grupo Municipal. Nas redes sociais, onde se publicitan panfletos enviados polo Partido de Goberno, e mentres non se informa do traballo dos outros Grupos Municipais. Tampouco se publicitan desde alí ofertas laborais,  que desde o concello se ofertan. Esta xestión cústanos a todos os caurelaos, 24€ ó dia,” sinalan desde C@urel Vivo.

Sinala esta formación política que desde o Concello publican axudas como a de Emerxencia Social que se quedan en “papel mollado” porque non se beneficiou ningún veciño delas. “No último pleno confírmanos que ninguén as solicitou e, desde o Concello non  se lles ocorre axudar á xente que máis o necesita sen que vaian a pedilo. Unha xestión pésima do que se entende por Servizos Sociais e marca a Leí 13\2008, Desde CV doouse 720€ para tal fin e quedaron sen investir,” sentencian.

Lamentan que non se aprobara o Plan Integral para rehabilitación de vivendas en todas as aldeas, “de momento tócanos ver como Sober, a Ribeira Sacra, etc …se benefician de axudas de ata o 75% para rehabilitar vivendas e mentres no Courel, NON,” afirman.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...