O BNG segue abandeirando a loita por dotar de UCI ó Hospital de Monforte

Agora a petición da UCI para Hospital de Monforte, debaterase na comisión de sanidade este xoves, 3 de decembro.

Entrada principal do Hospital de Monforte / XdL

Tras as mocións presentadas polo BNG en diferentes concellos da zona sur, con sortes diferentes; de modo que Pantón rexeitouna cos votos do PP (6), Monforte aprobouna por unanimidade, en Quiroga tumbouna o PP e o Pleno da Deputación aprobouna cos votos a favor do BNG e do PSOE e a abstención do PP provincial.

Agora a petición da UCI para Hospital de Monforte, debaterase na comisión de sanidade este xoves, 3 de decembro, “porque hai que priorizar a saúde das persoas por riba doutros criterios económicos que foron os que levaron aos sucesivos gobernos do PP na Xunta a unha perda de servizos continuada, tanto que deixamos de ser até área sanitaria”  mantén a Deputada por Lugo, Carmen Aira que será quen defenda a necesidade de dotar de medios humanos e materiais unha sala da UCI no hospital Comarcal de Monforte, que ademais conta con espazo suficiente.

Dende o BNG agardan que se teña en conta que nas comarcas do Sur de Lugo, a poboación está moi espallada e cunha rede viaria deficiente, sen servizos de transporte público agás en casos puntuais dende as vilas, o que dificulta acudir ao hospital de Lugo e á súa UCI.

“Precisamos dotar o hospital de Monforte, e tamén solucionar os problemas do PAC do hospital porque está situación non se pode manter máis tempo, nin por nós como potenciais pacientes, nin polo persoal que alí traballa” RosaAna Prieto, responsable comacal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here