O PP de Monforte esixe o cumprimento do contrato asinado entre o Concello e a empresa FCC

A empresa concesionaria da recollida de lixo, limpeza viaria, servizo de abastecemento e saneamento municipal, FCC, non está a cumprir cas obrigas asinadas no seu día co Concello de Monforte.

Porza da Alcazaba, en Monforte / jr casan

O PP de Monforte insta ó alcalde de Monforte, José Tomé Roca a que faga cumprir o contrato á concesionaria da limpeza viaria FCC. Dende a súa formación consideran que se están gastando recursos económicos municipais na limpeza de monumentos públicos cando eso tíñao que facer a empresa contratada para a recollida de lixo, limpeza viaria e abastecemento e saneamento municipal, FCC.

Esta denuncia ven a raíz das declaracións do alcalde onde manifestaba que para a limpeza da muralla monfortina íase contratar unha empresa externa e cuxo custe ía ser de 17.000 euros, así como a renovación da rede xeral de abastecemento de auga con Aqualia, pero “ambas son obrigas que recolle o contrato municipal con FCC”. Dende a formación popular lembran que a Ponte Vella foi limpada recentemente por operarios municipais cando eses traballos tamén correspondían a FCC.

Julia Rodríguez engade que “o alcalde non ten interese algún en facerlle cumprir á concesionaria o contrato que a obriga a realizar labores de limpeza e eliminación de especies vexetais dos monumentos da cidade ao igual que nas de renovación e substitución de conducións avariadas ou deterioradas, neste caso, a rede xeral entre o depósito do Cornao e o de San Vicente”.

Por todo isto, dende o PP de Monforte instarán no próximo Pleno do Concello, o día 30 de xullo, a “absterse de contratar con empresas externas actuacións que forman parte das obrigas contratadas coas concesionarias de servizos municipais”

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here