InicioPolíticaPropostas do PSdeG-PSOE do Incio para incluír no Plan Único

Propostas do PSdeG-PSOE do Incio para incluír no Plan Único

A súa voceira, Laura Celeiro, vén de presentar unha listaxe de propostas de cara ao aproveitamento dos 291.113,03 euros que recibirá da Deputación de Lugo o Concello do Incio nesta anualidade 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo concedeulle ao Concello do Incio, dentro do Plan Único Provincial de Cooperación cos Concellos para a anualidade 2021, unha contía de 291.113,03 euros.

En base a esta achega, a voceira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Laura Celeiro García, vén de presentar unha serie de propostas que considera necesarias para incluír con cargo a esta dotación económica que entrará no orzamento municipal deste ano.

Laura Celeiro / Foto: L.C.

Propoñen que se aumenten os fondos destinados ao Servizo de Atención no Fogar (SAF) e ao programa de fomento do emprego; que se dedique unha contía para axudas a comercios, hostalaría e autónomos afectados pola pandemia; e tamén que se merque material de prevención da Covid19.

No apartado de investimentos, consideran prioritarias as obras de mellora e condicionamento dos seguintes camiños: do camiño de acceso de Martín a Río; do camiño de acceso dende a LU-641 aos núcleos de Outeiro, Pedrouzos, Viladecais e Barrio; do camiño de acceso a Vilaverde a Airaestrada; do de acceso a Piornedo; do que vai ao núcleo de Calvos e a Illeira e tamén o que vai dende Pacios ao Túnel. Inclúen tamén como prioritario o abastecemento de auga para o núcleo de Santa Cruz de Oural, a creación dunha zona de xogos no patio do CEIP Ricardo Gasset e a rehabilitación da ponte de Lebón na Ruta do Mamut e da Palloza que está no campo da festa do Val do Mao.

PALLOZA DO CAMPO DA FESTA DO VAL DO MAO

Trátase dunha infraestrutura feita polos veciños e veciñas no ano 2003 que se esborrallou hai uns meses dado o seu avanzado estado de deterioro.

Esta palloza veuse empregando, principalmente,  nas festividades da parroquia de San Eufrasio (15 e 16 maio) e na celebración da Santa María (15 agosto), así como noutros eventos e celebracións (magostos, entroidos…). É, pois, un elemento que xa forma parte do patrimonio etnográfico do Concello do Incio e dende o grupo municipal do PSdG PSOE consideran que cómpre conservar.

“A súa recuperación servirá tamén como recoñecemento ao traballo desinteresado dos veciños/as do lugar, para que ese esforzo colectivo e esas iniciativas nun mundo rural en decadencia se poñan en valor”, sinala Laura Celeiro.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...