Un hotel na parroquia chantadina de San Fiz ou a humanización das ribeiras?

Por Chantada presenta alegacións ao Plano de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma, diante da Consellaría competente, segundo dín, "para defender o ben común e os intereses da veciñanza, toda vez que o Concello de Chantada non abriu á participación e mesmo non consultou coa oposición o documento-proposta."

San Fiz / Por Chantada

O Plano de Ordenación do Medio Físico de San Fiz de Asma detalla as propostas de actuación e adícaas a unha hipotética segunda fase. Segundo Por Chantada algunhas actuacións teñen, na súa formulación actual, unha viabilidade e utilidade moi limitada ou vólcanse exclusivamente para o turismo “esquecendo o sector primario que lle dá vida a esta paisaxe. Así, por exemplo, fronte a un uso hosteleiro na área dos Cipreses, ao que se destinarían 5 millóns de euros, propomos a recuperación do patrimonio natural e etnográfico dos Cachóns do Asma.” Tamén fan fincapé en que a PAC debe dar resposta ás necesidades dos viticultores que, xunto ás adegas existentes, “deben ser a columna vertebral de calquera estratexia de futuro para a zona.”

Por Chantada denuncia que os diferentes instrumentos aplicados sobre a Ribeira Sacra (BIC, Reserva de Biosfera, POMF…) son exóxenos e impostos de arriba a abaixo, sen consentimento explícito da poboación das áreas afectadas nen participación real. “A desinformación e falta de coñecemento sobre o expediente e as súas consecuencias é íntegro no caso destas”, afirman. 

Segundo Por Chantada, “esta panoplia declarativo-lexilativa”, son só requerimentos para a declaración de Patrimonio da Humanidade como “política estrela” de configuración dunha marca territorial, “contrasta coa ausencia de inversións reais efectivas no territorio, coa falta de aposta polo tecido produtivo primario –auténtico baluarte e salvagarda da poboación e das formas tradicionais de humanizar o territorio– ou con continuadas agresións ao patrimonio sen consecuencias.” Piden, polo tanto, que “a participación dos indíxenas nos procesos que afectan ao seu territorio sexa real”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here