InicioPolíticaO PSOE do Incio propón camiños a incluír no Plan Marco

O PSOE do Incio propón camiños a incluír no Plan Marco

Ó Concello do Incio correspóndenlle 60.175€ a distribuír en dúas anualidades: 30.087,50€ no ano 2021 e 30.087,50€ na anualidade 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 29 de xaneiro de 2021, a Xunta de Galicia publicaba a Orde de axudas para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas correspondentes ó Plan Marco 2021-2022. As actuacións a subvencionar son as que supoñen un incremento da largura da vía, un aumento da súa lonxitude, o reforzo do firme, de noiros ou de cunetas, as obras de mellora da sinalización ou da drenaxe e a adecuación de traballos de paso de cursos fluviais; así coma o mantemento do firme, a limpeza das marxes do camiño ou o reforzo dos terrapléns.

Dende o Grupo Municipal do PsdeG-PSOE presentamos a seguinte proposta de camiños a incluir neste plan, se así o considera o Goberno Municipal:

1- Acondicionamento e mellora de camiño que comunica parcelas sitas na parroquia de Bardaos e Santa María de Pacios. (zona igrexa). Trátase dun camiño de aproximadamente 900 metros. É importante destacar que na primeira parte do trazado (na zona de Bardaos) habería que levar a cabo traballos de explanación, pois é un camiño moi estreito no que se circula con dificultade. No tramo pertenencente a parroquia de Santa María de Pacios os traballos consistirían na limpeza do vial e acondicionamento do mesmo.

2- Pavimentación do acceso dende Mesón a Aldea de Abaixo.

3.- Acondicionamento e mellora do camiño de acceso a San Miguel. (San Pedro do Incio)

4- Acondicionamento do camiño de Castillón a Reboiro. Este vial presenta fisuras importantes nun tramo do seu trazado. Segundos os socialistas sería convinte que se revisara polos servizos técnicos de cara a evitar posibles desprendementos nunha zona cun gran desnivel, e dado que é un vial empregado a cotío por maquinaria pesada.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...