InicioPolíticaSarria ameaza con levar aos tribunais a Patrimonio por non permitir a...

Sarria ameaza con levar aos tribunais a Patrimonio por non permitir a apertura da Ponte Ribeira

"A Xunta impide que poidamos abrir a ponte. O peor é que leva cortada desde 2014 por unha actuación neglixente do PP", critica Claudio Garrido.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, ameazou con levar aos tribunais á Dirección Xeral de Patrimonio “por prevaricación administrativa” por non permitir a apertura da Ponte Ribeira.

O rexedor acusa o PP “de impedir” a apertura, solicitada “no estrito cumprimento da legalidade” en xaneiro de 2020. A Dirección Xeral de Patrimonio non contestou durante un ano, non só ao concello senón tampouco á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que autorizou as obras no mes de novembro de 2020″.

“A Xunta impide que poidamos abrir a ponte. O peor é que leva cortada desde 2014 por unha actuación neglixente do PP, que executou un proxecto de encanamento de sete quilómetros do río e só fixo 400 metros. No 2014 cortou a ponte e en 2015 abandonou as obras“, lembrou.

Garrido sinalou o “abandono de funcións dunha administración autonómica gravísima, tamén daquela Confederación Hidrográfica de 2015, de Augas de Galicia e da Xunta, e tivo que ser o concello de Sarria quen asumise a responsabilidade da súa execución”.

Antes de ir aos tribunais, xa avanza que presentarán un “recurso de reposición” porque “o concello vai defender que o acordo municipal de licitación e adxudicación é un acordo firme”.

“Non podemos consentir que o PP tome decisións administrativas que prexudiquen os cidadáns. Tamén hai uns días tivemos que executar unhas obras dunha rúa de titularidade autonómica, Diego Pazos, por inhibición do Partido Popular”, afeou finalmente.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...