InicioPolíticaO BNG de Monforte reclama mellorar o subministro de auga ás Nocedas

O BNG de Monforte reclama mellorar o subministro de auga ás Nocedas

O BNG de Monforte de Lemos presentará no vindeiro Pleno Municipal, unha solicitude para mellorar o subministro de auga no lugar do Mato, na parroquia das Nocedas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Monforte vén de visitar á veciñanza da parroquia das Nocedas para coñecer a situación dos servizos básicos, responsabilidade do Concello. Como o fixera hai máis dun ano, os veciños insistiron na deficiencia do servizo de subministro de auga potable no lugar do Mato. “Non deixa de chamar a atención o desleixo do Alcalde, José Tomé Roca, a este respecto, escondendo a súa responsabilidade detrás da empresa Aqualia, no canto de resolver o problema, xa presentado no pleno municipal hai máis dun ano polo concelleiro nacionalista”, sinala Emilio Sánhez.

A criterio do portavoz nacionalista, a solución pasaría por conectar este barrio coa rede xeral da parroquia -apenas un quilómetro- xa que no resto dos lugares contan cun servizo axeitado de subministro de auga.

O concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez Iglesias, afirma que non se pode aspirar a manter un rural vivo, se non hai interese en manter os servizos máis básicos e elementais.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....