InicioPolítica"O 9 de maio quedamos sen leis para xestionar a pandemia", insiste...

“O 9 de maio quedamos sen leis para xestionar a pandemia”, insiste Feijóo

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, volveu a esixir este sábado ao Goberno central a convocatoria dunha Conferencia de Presidentes para abordar o fin do estado de alarma previsto para dentro dun mes. "O 9 de maio quedamos sen leis para xestionar a pandemia", advertiu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a súa intervención na Xunta Directiva do PPdeG celebrada este sábado desde o Hotel Portocobo de Oleiros, Feijóo insistiu en que “a cogobernanza non pode ser un slogan” nin “unha palabra baleira”. Ao seu modo de ver, o Executivo de Pedro Sánchez utiliza este termo “cando non sabe o que ten que facer”. Fronte a isto, destacou o papel das autonomías durante a pandemia: “Fomos sempre leais ao Goberno e pedímoslle que exercese os seus labores mínimos de coordinación”. Con todo, afeou que este labor só o empregue “cando lle convén, poucas veces”, e “cando non lle convén, moitísimas veces”.

Dito isto, e aínda que rexeitou gobernar “con estados de alarma permanentes”, o presidente galego aproveitou para reclamar a convocatoria dunha nova Conferencia de Presidentes que aborde que vai pasar tras o 9 de maio, cando España quede “sen cobertura legal para tomar decisións” no contexto de pandemia. Para o líder do PPdeG, España necesita agora “certezas” e non “un Goberno que pase do estado de alarma ao caos” e á “inseguridade xurídica”. “Non podemos dicirlle á xente hai uns días que non podía reunirse cando para dentro dun mes dicirlles que cada un pode facer o que lle dea a gana”, aseverou. Por iso, e porque as comunidades “non teñen máis interese que acertar”, Feijóo avoga pola unión “para poñer sentido común ante a falta de sentido común do Goberno central”.

Toda a información no Galicia Confidendencial

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...