InicioPolíticaPantón informa de investimentos no rural

Pantón informa de investimentos no rural

O concello vén de facer públicas unha serie de obras que se están xa executando e outras que contan co compromiso de realización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón anunciou que o goberno local está traballando para darlle saída ao programa de investimentos que está previsto para este ano. Nesa liña, informan ter concedidas, e pendentes de contratar, as seguintes obras:

-Mellora da seguridade vial na estrada LU-617 en Tuiriz, fase 2.

-Mellora da Rúa Xeneral Ramón Fernández Núñez de Ferreira.

-Instalación de abastecemento de auga potable no núcleo o alto de Guítara.

-Instalación de abastecemento de auga potable no núcleo do Pereiro.

-Reforma e ventilación do edificio municipal “Os Castros” no campo da feira.

Ao marxe destas obras comentadas, e tamén como investimento, inclúen a adquisición dun vehículo municipal.

No que respecta a obras que xa se están executando, refírense as seguintes:

-Mellora en camiños municipais en Santa Mariña, San Román de Acedre e no Souto, parroquia de Pantón.

-Ferreira (Unión Rúa Chao Falcón / Rúa Ourense).

-Parque de Goián e campo de fútbol municipal.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...