Sarria executa melloras para acceder a fincas agrícolas

As obras enmárcase no 'Plan Marco' para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-21 e están cofinanciadas co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvementos Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Concello de Sarria / XdL

O Concello de Sarria vén de executar, ao abeiro do plan marco de referencia e co patrocinio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, as seguintes obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas:

Acceso a Tosal (Santo Estevo de Lousadela), acceso a Padriñán (Santo Estevo de Lousadela), acceso a Chanca (San Mamede da Chanca) e acceso a Pape (San Salvador de Cesar). 

A actuación de referencia tivo un custe certo de 60.498,79 euros, IVE engadido, e a axuda concedida destinarase a financiar o 96,99 % do gasto subvencionable efectivamente executado polo Concello de Sarria, sen ter en conta o IVE.

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here